Polo establecemento de orzamentos que aseguren Políticas de Benestar axeitadas e eficaces

mans servizos sociais(1)

Nestes momentos nos que precisaríamos un maior investimento no sistema de servizos sociais, potenciar o coñecemento da poboación sobre os mesmos e eliminar os estigmas das persoas usuarias e as reticencias a acudir ós mesmos, promovendo a súa universalidade, vemos como a Administración, segue aplicando texoirazos, tanto nos servizos sociais públicos directamente prestados pola Administración, coma nas subvencións destinadas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, prexudicando claramente o cumprimento dos seus fins sociais e a supervivencia das organizacións.

Referímonos ao anteproxecto da Lei de Subvencións, presentado polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, segundo o cal contarase co 0,7 do IRPF para os presupostos das axudas. O problema non está nun recorte orzamentario, senón en que á hora de solicitar, tramitar, xestionar e xustificar as subvencións, as entidades atópanse un camiño cheo de trabas.

Estes requisitos exorbitados e inxustificados, xa os levan sufrindo os profesionais do noso país a través de distintas ordes de subvencións da Xunta de Galicia, que unha vez pasan estes trámites enrevesados, vense unha vez máis atrancados polos retrasos desmesurados nos pagos.

Por todo isto, dende o Grupo de traballo de Xustiza e Benestar Social de ANOVA Ourense queremos amosar o noso apoio á Plataforma do Terceiro Sector, que a pesar de ter recibido un prazo excesivamente breve para facer aportacións a dito anteproxecto, souberon reaccionar con celeridade para dar resposta a esta grave situación e, tras a análise realizada póla súa Comisión Permanente, informan a través de un comunicado das seguintes actuacións:

a)      O Presidente da Plataforma do Terceiro Sector, Luciano Poyato, acaba de dirixir unha carta ó secretario de Estado de Servicios Sociales e Igualdad, Juan Manuel Moreno, na que lle traslada a preocupación e a alarma extrema que esta iniciativa lexislativa está provocando en todo o Terceiro Sector. Así mesmo, solicita unha reunión urxente da Comisión de Diálogo Civil e lle pide que articule un encontro a alto nivel operativo da Plataforma co noso Ministerio Social e co Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas, ó obxecto de abordar con profundidade a cuestión e buscar solucións imprescindibles e idóneas para a viabilidade do Terceiro Sector.
b)      A elaboración dun documento institucional e xurídico de posicionamento e proposta ante esta iniciativa lexislativa na que están integrando tódalas sensibilidades e aportacións das organizacións membro da Plataforma.
c)       No mes de febreiro, teñen previsto organizar un seminario, na liña dos realizados o ano pasado con motivo do IRPF, para explicar ás organizacións o contido e alcance do anteproxecto, avaliar os seus efectos e consecuencias negativas e formular as correspondentes propostas de modificación e mellora.

Dende ANOVA Ourense reiteramos que é necesario o establecemento de orzamentos que aseguren Políticas de Benestar axeitadas e eficaces. Investir no crecemento dos Servizos Sociais, non é un mero gasto público, debe ser unha prioridade na situación actual e debe verse tamén coma unha inversión estratéxica no futuro do país.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s