A Xunta de Feijoo esnaquiza os GDR da provincia de Ourense

Agader

Os Grupos de Desenvolvemento Rural son as asociacións encargadas e executar o programa Leader e está destinado a descentralizar as políticas de desenvolvemento rural.

A Xunta de Galiza esnaquiza o programa que está destinado a apostar por un medio rural vivo, frear o despoboamento e facilitar servizos no rural e contradí con feitos as falaces verbas de discriminación positiva cara o rural.

Deste xeito podemos ver que a Xunta vai investir na provincia de Ourense o mínimo legal en cada GDR e se está a cifrar esa inversión en 800.000 euros por cada grupo a excepción do grupo do Carballiño.

Isto provoca que o investimento nas provincias do interior sexa soamente do 40% dos fondos. Isto é un 50% menos de inversión que nas zonas de costa.

Dende Anova-Irmandade Nacionalista de Ourense opoñémonos a este reparto por consideralo inxusto. Explicámonos: Estes fondos están destinados a investir nas zonas máis necesitadas de Galiza onde, por desgraza, se atopan os concellos do interior da nosa provincia. O goberno de Feijoo en vez de priorizar o investimento nestas zonas como predica o que fai e investilos en zonas co rendas per cápita superiores e que ademais teñen outras vías de financiamento para os seus proxectos dos que carecen as zonas do interior do noso país. Estámonos referindo aos Grupos de Acción Costeira que tamén reparten fondos europeos entre os concellos co que se produce unha nova achega de fondos a través deses outros grupos dos que están privados os concellos do interior. Entendemos pois, que os criterios de reparto teñen que ser maiores nas zonas con menor densidade demográfica e de menor renda, para corrixir esas desigualdades.

A modo de exemplo o GDR Sil-Bibei-Navea tivo unha execución orzamentaria de máis do 90% e todo isto cuns gastos de explotación dos máis axustados de Galiza. O pasado 21 de xaneiro reuníronse e analizaron o recorte de fondos o que causou un grande malestar ao comprobar que os grupos que máis traballan foron os máis discriminados no reparto polo que van ter unha xuntanza do Subdirector Xeral do Agader que se celebrará, previsibelmente, a final desta semana.

Dende Anova-Ourense esiximos que a Xunta de Galiza invista no rural, porque nós si que cremos que o rural ten futuro polo que esixímoslle a Núñez Feijoo e as persoas responsábeis da Consellaría de Medio Rural que propicien políticas que fixen a poboación e que a dote de servizos e consideramos fundamental que o financiamento dos GDR sexa o necesario para poder levar a cabo estas políticas. Do mesmo xeito condenamos a propaganda do Partido Popular que vende coa boca grande políticas de discriminación positiva para esta provincia mentres despois, cos feitos, o que fai é agredila e discriminala, condenando ás persoas á emigración e abandono do noso rural.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s