AGE esixe á Xunta que paralice a privatización da xestión dos parques arqueolóxicos galegos

campolameiro

AGE denuncia a privatización tinxida de nepotismo dos parques arqueolóxicos de San Cibrao de Lás e mais de Campo Lameiro. “Unha empresa privada, dirixida por cargos do Partido Popular, lúcrase con diñeiro público entregado a dedo e, aínda por riba, levará os cartos das entradas, da recadación das cafetarías e da venda de mercadotecnia”. A compañía Espiral Xestión Cultural, cuxos administradores son cargos do PP, recibirá deica 2017 543.842,98 euros por se facer cargo do Parque Arqueolóxico Cultura Castrexa Lansbrica, en San Cibrao de Lás.

A empresa creouse en 2012 e ten, segundo Ron e Vázquez, “nula ou moi reducida experiencia en xestión cultural”. Iso non impediu que a Consellaría de Educación, da que depende a Secretaría xeral de Cultura, tamén lle adxudicase o control do parque arqueolóxico sobre a arte rupestre en Campo Lameiro. “A empresa anterior, Ingenia QED, entrou en concurso de acredores e entón aparece Espiral Xestión Cultural que, sen necesidade de pasar pola mesa de contratación, asumen Campo Lameiro por 544.5000 euros”. No caso de San Cibrao de Lás, optaba á adxudicación Van Divulgación Cultural, unha firma con máis de dez anos de vida e que xa traballou no sector.

“Máis aló do evidente nepotismo”, expoñen Ron e Vázquez, “nós opoñémonos á privatización dos parques arqueolóxicos”.

Alternativa Galega de Esquerda esixe a paralización dos procesos de privatización en Campo Lameiro e San Cibrao de Lás e a reversión das adxudicacións e a posta en marcha da xestión plenamente pública de ambas as dúas infraestruturas culturais. “Os beneficios derivados da xestión dos parques serán empregados para mellorar a preservación, protección e divulgación dos restantes bens culturais e patrimoniais de Galicia”.

* Proposición Non de Lei para a xestión pública dos parques arqueolóxicos galegos aquí.

* Preguntas sobre a xestión privada dos parques arqueolóxicos galegos aquí.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s