Carta de renuncia á Permanente de Iolanda Pérez Docampo

Prezadas compañeiras/prezados compañeiros:

Veño por este medio, e só por este medio, comunicar a miña renuncia á dirección permanente de Anova e en consecuencia, lamento comunicar tamén a miña renuncia á responsabilidade de Acción Feminista.

Os motivos polos que me vexo na obriga ética de tomar esta decisión, son os que expreso a seguir:

Levo participando activamente en política desde os 12 anos, e militando desde os 15, e o meu único obxectivo foi sempre tentar axudar a construir na medida do posible un mundo máis xusto, máis igualitario, máis fraternal. Durante 15 anos no BNG e desde o comezo do NPC e a constitución de Anova, prioricei sempre cuestións colectivas, o ben común, fronte a comodidades ou melloras laborais e persoas, ao igual que moitas/os compañeiras/os. Cando naceu Anova, un dos seus eixos fundacionais era rachar coas estructutas políticas convencionais, traballar máis na rúa coa xente e construir un novo instrumento que non reproducirse vellos vicios da política doutras décadas, senón novas maneiras participativas e colaborativas de facer as cousas. Esa era a ilusión coa que traballamos para construir a Anova.

Os acontecementos do último ano teñen amosado que aínda pervive unha forte cultura herdada do PSG e BNG que non é a que eu tentei dar coñecer á xente para se achegaren a este novo proxecto. A Asemblea Nacional deste verán confirmou que hai dous polos en Anova que estiveron dispostos a excluir da dirección da organización a alcaldes (David de Manzaneda) deputados (David de Toén) ou referentes nos movementos sociais (Raúl Asegurado) e xente no só relavente publicamente, senón o máis importante, honesta, traballadora e coherente co ideario fundacional da nosa organización.

As cousas non melloraron e empregouse a CEG de xeito discrecional: a expulsión da xente de Redondela era innecesaria, e casos como a denuncia de xente de Ourense a Paco Trigo ante os insultos e difamacións verquidas na Asemblea Nacional non se tramitaron nin se obtivo resposta ao respecto por parte deste órgano.

A xestión da substitución de David de Toén foi o máximo esperpento de toda esta secuencia de vellas e obscuras formas de facer as cousas. O que podería ter rematado coa renuncia dun investigador brillante que ten que emigrar para poder continuar coa súa carreira científica como tantas e tantos mozos no noso país, conversitouse nun cúmulo de erros encadeados, que alimentados por grupos de comunicación e outras forzas políticas, nos levaron á bochornosa situación na que nos atopamos agora. Desde o meu punto de vista, a xestión política e comunicativa do escano de Ourense transgrediu a esencia de Anova. O noso deputado David consultou toda e cada unha das decisións deste proceso, dándoselle luz verde en cada momento para continuar coa renuncia, garantíndose a substitución nos termos acordados no pacto de AGE. A negativa de Carmen Iglesias Sueiro a ceder o escano a Anova tal e como estaba acordado, pacto do que era perfectamente coñecedora ao participar nas negociacións previas á constitución da coalición, viuse agrabado polo incumplimentos de acordos no seo de Anova: resolución unanime das asembleas de Ourense rexeitando a incorporación da candidata de EU ao Grupo Parlamentar, acordo na permanente do 09/11/13 para incorporar a algunha persoa de Ourense ás reunións da CCC ou do GP onde se tratase o tema para poder informar á militancia, etc.é dicir, non tomar en consideración as decisións asembleares.

A renuncia do coordinador de Anova, Martiño Noriega, persoa á que se lle dificultou a súa laboraura orgánica desde o seu nomeamento, obrígame a tomar esta decisión de sumarme á súa dimisión, para tentar facer un chamado á responsabilidade que temos con máis de 200.000 persoas e outras moitas máis que están agardando a que Anova sexa quen de vehiculizar un novo proceso de rexeneración e construcción político-social de transformación da sociedade desde a ética, a cooperación e o asemblearismo.

Temos unha oportunidade de non perder toda a credibilidade que a sociedade depositou en nós. Para esa laboura, estarei hoxe e sempre disposta a traballar, no plano local e no plano nacional. En outro tipo de coordinadas de vellas estruturas das que moitas e moitos vimos fuxindo, non estarei. Estarei á vosa disposición na revisión deste modelo de organización que neste momento de agresións e de guerra de clases é máis necesario ca nunca.

Apertas feministas

Advertisements

Un comentario en “Carta de renuncia á Permanente de Iolanda Pérez Docampo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s