Anova apoia e chama a participar nas mobilizacións a prol da Sanidade Pública

folga sanidade

Anova apoia as mobilizacións pola sanidade pública do 9 e 10 de decembro e fai un chamamento á cidadanía para manifestarse en apoio a estas. En Ourense a manifestación terá lugar o día 10 de decembro ás 20:00 horas e sairá dende o Pavillón dos Remedios.

Anova apoia as mobilizacións das traballadoras e traballadores sanitarios contra os recortes, os copagos e a privatización da sanidade pública galega e fai un chamamento á cidadanía galega a manifestarse o martes, día 10 de decembro, nas accións convocadas nas pricipais cidades e vilas do País.

Apoiamos a literalidade do manifesto de SOS Sanidade Pública a prol da mobilización do 9 e 10 de decembro pola sanidade pública galega:

“A Xunta de Galicia está desmantelando e privatizando os servizos sanitarios públicos, repartindo as parcelas máis atractivas económicamente entre grupos empresariais afíns, aseguradoras, multinacionais, fondos de investimento, bancos e construtoras.

Chegou o momento de articular unha grande alianza entre poboación e traballadores/as da sanidade en defensa dunha sanidade pública de calidade e por recuperar o dereito a unha sanidade pública universal accesible e de calidade.

Se os/as afectados/as, que somos a maioría social e profesional, non reaccionamos de xeito urxente, deica pouco o desmantelamento e privatización da sanidade pública será irreversible, xa que a Xunta transformaría os centros sanitarios en empresas privadas, recortando o persoal, e obrigándonos a pagar pola asistencia sanitaria.”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s