Acordos das asembleas de Anova da provincia de Ourense

cropped-anova-ourense1.jpg

Anova – Irmandade Nacionalista, en asemblea de todas as asembleas provinciais de Ourense, na asemblea realizada o martes 12 de novembro de 2013

ACORDOU

1.- Recoñecer unanimemente na asemblea de Anova Ourense, que contou coa participación de representantes e militantes das asembleas de toda a provincia, o traballo e adicación persoal e política do noso deputado no Parlamento de Galiza, David Fernández Calviño, tanto no traballo parlamentar que desenvolve como o recoñecemento público de toda a nosa organización polo seu compromiso no achegamento a todas as veciñas e veciños de Ourense.
Valorar especialmente a seu compromiso coa organización, co grupo parlamentar e coa coalición AGE ao asumir os acordos colectivos que se lle pediron en todo momento.

2.- Lamentar o espectáculo no que se converteu unha situación cotiá como é a substitución dun cargo político nunha lexislatura, alimentado polas demais forzas políticas e medios de comunicación do sistema que é alleo á nosa vontade.

3.- Cuestionar o interese que esta situación de substitución ordinaria dun deputado ten significado para o resto de forzas políticas do panorama galego, nomeadamente ao Partido Popular que en lugar de preocuparse por gobernar aproveita un tema interno para non asumir o seu desgoberno e as súas responsabilidades como causantes da situación de pobreza na que se atopa o noso país, que é o que realmente lle importa á cidadanía.

4.- Remitimos a todos a toda a cidadanía en xeral, a xente que confiou nesta organización e a todos os medios de comunicación á rolda de prensa que terá lugar mañá no Parlamento Galego e que contará coa presenza de David Fernández Calviño e o portavoz Nacional de Anova – Irmandade Nacionalista, Xosé Manuel Beiras.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s