Anova Ourense apoia os/as traballadores/as de T-Solar no comezo desta nova etapa de loita

2013-11-07 11.37.02

Despois de máis de 4 meses de peche nas instalacións de T-Solar reivindicando a sostenibilidade da fábrica, os/as traballadores/as deciden abandonar o seu encerro para comezar unha nova etapa de mobilizacións na rúa e orientando as accións cara as institucións que destinaron axudas públicas a este proxecto empresarial, como son a Xunta de Galicia, o Goberno Central e a Deputación de Ourense.

Durante esta longa loita Anova Ourense sempre mostrou o seu apoio a situación que están a padecer os 170 traballadores/as coa paralización da actividade da empresa T-Solar, e denunciou a actitude pasiva da Xunta de Galicia neste problema, e o que vai supor o peche desta empresa para a economía da provincia de Ourense.

A existencia dunha fábrica destas características é de grande importancia para o futuro do país debendo o goberno galego manter este tipo de instalacións independentemente da situación coxuntural do mercado.

Así mesmo, o deputado de Alternativa Galega de Esquerda David Fernández Calviño ven de presentar novamente unha iniciativa no Parlamento de Galicia instando a Xunta a que utilice a súa posición acreedora para evitar o desmantelamento de calquera instalación situada no recinto da fábrica de T-Solar e garantir a reapertura da factoría mantendo así os postos de traballo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s