Asina contra o canon de SOGAMA

Logo-Sogama-moscas

As compañeiras e compañeiros de Anova-Teo crearon un pedimento no portal change.org para que a Xunta de Galicia, a través do seu Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, retire a suba no canon de recollida e tratamento do lixo.

Esta iniciativa forma parte da campaña con motivo da devandita suba, que ademais de inxusta esconde intereses espurios. Un paso máis no enriquecemento do sector privado a costa dos bolsillos de todas e todos nós.

Para chegar a bo porto precisamos da vosa axuda. Por iso vos pedimos que, ademais de asinar, se o tedes a ben, espalledes polas redes socias e por canto lugar se vos ocorra (grupos de correo, amigos…), invitando á xente a asinala. Que vexan que estamos fartos, e que non nos imos render, nin nesta cuestión nin en nigunha.

O texto do pedimento o podedes ver aquí:

Os 296 concellos galegos nos cales a Sociedade Galega de Medio Ambiente, SOGAMA, xestiona a recollida e tratamento do lixo, veñen de recibir a notificación da devandita empresa pública pola cal se lles comunica a suba nun 34%, efectiva a partir do 1 de xaneiro, na factura mensual municipal que pagamos entre todas e todos nós.

Sirva como exemplo do que esta medida vai supor os datos do Concello de Teo, no cal a factura mensual do lixo (29.645,95 euros no mes de agosto)aumentará ata os 43.535 euros (http://www.anovateo.org/novas-2/297-como-moscas-a-sogama)

A maltreita administración local e, coma sempre, a cidadanía, volvemos cargar coa responsabilidade de garantir os beneficios das grandes corporacións privadas. Por que afirmamos tal cousa? Porque SOGAMA está participada nun 51% pola Xunta de Galicia, e nun 49% por GAS NATURAL FENOSA, empresa privada que se lucra coa venda da enerxía (sucia) que se obtén mediante a incineración de residuos na planta de Cerceda. O que o Conselleiro de Medio Ambiente, Sr. Hernández, cualifica como“necesario para garantir o equilibrio financeiro da sociedade pública” convértese nun “asegurar a tendencia á alza dos beneficios (a lo menos os últimos 5 anos foi así, segundo a súa páxina web) da empresa privada GAS NATURAL FENOSA”.

Amais, segundo a Xunta de Galicia e SOGAMA, os concellos teñen que repercutir esta suba na factura de cada casa. Ou sexa que volvemos pagar os de sempre.

Por todo isto pedímosche que asines a petición dirixida ao Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, ESIXÍNDOLLE que retire a suba do canon do lixo dos orzamentos da Xunta de Galicia. Xa está ben!

Velaquí o pedimento https://www.change.org/es/peticiones/agust%C3%ADn-hern%C3%A1ndez-conselleiro-de-medio-ambiente-territorio-e-infraestruturas-da-xunta-de-galicia-retire-a-totalidade-da-suba-no-canon-do-lixo

Advertisements

2 comentarios en “Asina contra o canon de SOGAMA

  1. As iniciativas deste tipo teñen boa acollida cando xurden de particulares, pois ao facelo unha formación política moitas persoas son reticentes. Con razón! A clase política (a sociedade non fai distinción) non está no seu apoxéo

    1. Non podemos caer na falacia “ad personam”. Se unha iniciativa é boa serao en si mesma non en función da persoa ou colectivo propoñente. Desterremos a argumentación mentireira da dereita mediática

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s