David F. Calviño deixa o seu escano para emigrar e traballar na investigación científica

A coordinadora local de Anova Ourense – Irmandade Nacionalista quere comunicar oficialmente a renuncia á acta parlamentar do noso deputado David Fernández Calviño.

Anunciamos que o grupo parlamentar de AGE dará unha rolda de prensa nos próximos días, onde explicarase pormenorizadamente as razóns desta renuncia, e a que vos comunicaremos cando se concrete o lugar e a data.

“Compañeir@s:

escribo esta carta para informarvos de que o día 30 de outubro de 2013 deixarei de ser deputado no parlamento de Galiza por decisión propia. O motivo da miña renuncia é a oportunidade de regresar á miña profesión coma Investigador Científico. Hai meses recibín unha oferta da Universidade de Copenhague para traballar coma investigador alí por un período mínimo de 2 anos. Para min isto supón unha grande oportunidade para regresar a unha actividade que en Galiza non podo exercer nestes momentos. Tiña medo de me converter naquelo que sempre critiquei, é dicir, nun político profesional, e dado que ninguén é imprescindíbel, considerei que o máis sensato que podía facer era aproveitar esta oportunidade para regresar ó meu verdadeiro traballo.

Poderedes seguir contando coa miña achega nesta longa loita pola emancipación do noso pobo

Sen máis que dicir, grazas a tod@s polo voso apoio e a vosa confianza en min durante este tempo, grazas por permitirme participar desta experiencia que é Anova e a súa xente.

Viva o pobo Galego, Viva Galiza Ceibe!

Ate pronto,

David.”

Deixámosvos tamén con unha minientrevista que lle fixeron hoxe en Telemiño aproveitando a súa presenza na tertulia programa “En buena hora”

Tamén podedes ver a entrevista que publica Praza Pública nesta ligazón

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s