Anova Ourense sobre o plan RECONDUCE

stop desafiuzamentos

O pasado xoves, día 17 de outubro, a directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González,e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, presentaron ás e aos traballadores sociais da nosa provincia o programa Reconduce, que ten por obxectivo previr os desafiuzamentos por execución hipotecaria da vivenda en propiedade ou ben paliar os efectos do mesmo, cando o desafiuzamento se produza.

O programa canalízase a través dunha oficina de asesoramento central, situada en Santiago, integrada por dous técnicos especializados en dereito e economía-financeira, un traballador social e un psicólogo, os cales asesorarán ás persoas usuarias e realizarán, de ser necesario, as funcións de mediación coas entidades financeiras.A priori, esta iniciativa parece unha boa opción para atender a problemática das persoas afectadas, máis se a analizamos observamos que non se trata máis que dun engano, doutro“chiringuito” sen contido real. Se o acceso das persoas usuarias a este servizo ten que ser ou ben dende a propia oficina de Santiago de Compostela ou dende os servizos sociais dos concellos, non se entende a utilidade do mesmo.

No primeiro caso, a centralización en Santiago supón unha grande eiva para o acceso das persoas que necesiten facer uso deste servizo. Estamos a falar de persoas en situacións de risco de exclusión social e con poucos recursos, así que como se pretende que acudan a facer consultas a Santiago e os profesionais fagan un seguimento continuado do caso? Por outra banda, que se presente como novidade a atención dende os servizos sociais dos Concellos parece un insulto a intelixencia da cidadanía, ou a caso non se adican xa a atender nas Unidades de Traballo Social dos Concellos a toda persoa da súa zona en situación de risco de exclusión social?É inadmisible ver como a Xunta, mentres continúa cunha axenda de recortes destinada adesmantelar o Estado de Benestar e os servizos sociais, cuns orzamentos para o ano 2014 que eliminan o financiamento a moreas de proxectos dirixidos a persoas maiores, á prevención da desprotección da infancia e as familias, ás persoas con enfermidade mental,drogodependentes, intervencións socio-comunitarias, inclusión, violencia de xénero, fogaresinfantís e xuvenís, etc., políticas que rachan co principio de proximidade e nos fan retroceder a modelos da beneficencia, intenta vendernos este Plan de fume, dunha protección de dereitos sociais a través dunha asistencia, que xa está contemplada noutros servizos.

Desde ANOVA Irmandade Nacionalista de Ourense, reclamamos unha vez máis á Xunta de Galiza que deixe de enganar á cidadanía con medidas que supoñen un gasto, pero carecen de senso e tome as necesarias para conseguir unha Administración Local e uns Servizos sociais fortes, o cal é imprescindible para garantir a xustiza social, a equidade e a igualdade.

Do mesmo xeito, desde ANOVA Irmandade Nacionalista de Ourense, propoñemos á Xunta de Galiza, no caso de que de verdade teña intención de axudar á xente en risco de exclusión, o faga impulsando medidas reais e destinando orzamentos acordes a situación, non con publicidade partidista, como semella o devandito plan, mentres rebaixa as dotacións aos servizos sociais do noso país.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s