Beiras censura que Feijóo use as vítimas do accidente de Angrois para un discurso a anos luz da vida da xente

beiras02

“Hai que ter o estómago de caucho para utilizar as vítimas, os veciños de Angrois, os maltratados traballadores da función pública ou aos voluntarios para parasitar unha traxedia da que eles mesmos foron responsábeis”. Para Xosé Manuel Beiras o discurso de Alberto Núñez Feijóo no debate de estado da nación caracterizouse, sobre todo, por “quedar descualificado no ámbito da ética máis elemental”.

“Os seus colegas, que ocupan altísimo cargos, foron directamente responsábeis do que sucedeu en Angrois”, engadiu, ” e cuñados de ‘terroristas’ non polo Beiras, senón por unha deputada do PP que ía no tren”. O señor Núñez apelou, coa habitual falta de escrúpulos que amosa, a un presunto “espírito de Angrois” para intentar desactivar o traballo da oposición.

Logo de case dúas horas dunha intervención baseada na mentira e no cinismo, o único que quedou claro é que Núñez vive nunha realidade paralela. Ou que di que vive nunha realidade paralela. “Se prestastes atención”, dirixiuse Beiras aos medios de comunicación ao remate do discurso do presidente da Xunta, “un pensaría que estabamos diante dunha persoa que estaba a facer o seu discurso de investidura. Pois ben, se quere facelo, que convoque eleccións”.

Segundo Núñez, no seu discurso triunfalista e alienado, a anos luz da vida da xente, Galiza “achégase á saída da crise”. Ese país que non existe e esa noxenta apoloxía das políticas de austeridade que levan Europa ao abismo social e económico serán contestadas por Alternativa Galega de Esquerda. E xa o están a ser nas rúas, nas fábricas, nos centros de traballo, nos movementos sociais, nos sindicatos, en todos os segmentos da cidadanía non resignada que esta mañá, ao escoitar a Núñez, só puideron sentir unha profunda náusea.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s