A LOMCE: unha “Wertgoña”

wert

* Opinión de María Álvarez Garea. Mestra e concelleira de Educación en Teo.

Mentres estou a escribir este artigo, e despois de case un ano desde que se presentou o anteproxecto, a polémica LOMCE (Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa), máis coñecida como Lei Wert polo apelido do infausto ministro a quen lla debemos, está a rematar o seu trámite no parlamento, onde foi aprobada xa na Comisión de Educación do Congreso dos Deputados.

Neste tempo todos os sectores implicados na educación, desde mestres e mestras, asociacións de pais e nais e de estudantes, movementos de renovación pedagóxica, sindicatos de ensino ou consellos escolares, teñen manifestado o seu rexeitamento a esta lei que naceu sen diagnóstico previo, sen consenso e sen consulta con estes colectivos.

Entre outras moitas que tamén se poderían destacar, gustaríame recoller algunhas das principais razóns para dicir NON a esta lei:

Fomenta a desigualdade de oportunidades, xa que establece mecanismos de clasificación e financiamento dos centros en función do rendemento académico do alumnado sen ter en conta o contexto, as características socioeconómicas e culturais ou as necesidades educativas especiais que existan na poboación escolar.
A necesaria avaliación do labor docente e dos resultados académicos xa non é, xa que logo, un instrumento para mellorar a calidade educativa senón para clasificar ao alumnado e aos centros, onde evidentemente sempre sairán mellor parados os centros privados, que “curiosamente” teñen un índice moito menor de alumnado con dificultades.
Entende a xestión dos centros desde parámetros empresariais e fondamente xerarquizados, o que se reflicte na clasificación dos mesmos en función dos resultados, na elección dunha dirección externa ou na selección do profesorado “á carta” sen ter en conta os méritos ou a antigüidade.
Restrinxe a participación democrática da comunidade na xestión educativa, baleirando de competencias os consellos escolares para concentralas na dirección. A figura do director (así, en masculino, é como o recolle a LOMCE) ten as funcións dun xerente omnipotente que toma as decisións e só ten que “informar” delas aos órganos colexiados.
Menospreza o traballo docente, establecendo reválidas que serán realizadas por axentes externos, é dicir, empresas privadas que obterán importantes beneficio.
Amplía os concertos co ensino privado ás etapas non obrigatorias e incluso aos centros que segreguen o alumnado en función do sexo.
Introduce os axentes privados na “regulación, financiamento ou prestación do servizo da educación”, onde non obstante esquécese de nomear as familias e asociación de nais e pais.
Impide o avance na normalización lingüística fixando un modelo co castelán como lingua vehicular en todo o estado, recollendo que a administración deberá pagar un colexio privado ás familias que o esixan se non hai un centro público ou concertado que lle garanta o ensino en castelán.

E aínda que poderíamos seguir cunhas cantas razóns, ou “sinrazóns”, máis, quero rematar cun aceno de esperanza, lembrando a inmensa dignidade da marea verde que encheu e seguirá a encher as rúas, porque poderán vencernos pero non convencernos.

Como proba disto, déixovos o enlace do vídeo elaborado polas ANPAS de Compostela:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s