O Concello deixa sen clases a máis de 1000 alumnos de Educación e Promoción de Adultos na nosa cidade

foto epa

O centro de ensino a distancia e para adultos, EPAPU, antigo Ingabad, situado no barrio do Couto, permanece pechado por decisión do Consello Escolar ante os risco para a seguidade do estudantado alí matriculado que non dispón de ningún conserxe no turno de tarde e de noite

O segundo centro de ensino con máis alumnado, unha media de 1.500 por ano, só por detrás da Escola de Idiomas, non poderá impartir clases de ESO, Bacharelato, idiomas, informática, alfabetización, español para emigrantes, cursos para desempregados, ou persoas en risco de exclusión social, etc. porque a concellería de Educación Ourense, responsable do mantemento e xestión do centro, non adxudica os dous conserxes que tiñan asignados desde hai máis de 20 anos.

Esta problemática é cada vez máis frecuente, xa que non é o único edificio municipal  que o Concello mantén pechado apelando á falta de persoal, cando o concello de Ourense é un dos que ten maior ratio de funcionarios municipais por habitante.

Desde a dirección do centro expoñen que cada ano o Concello de Ourense aporta 2 conserxes municipais, que xunto ao que aporta a consellería de Educación da Xunta de Galiza, executan as labores habituais do seu servizo.

Malia ter o compromiso da concelleira de educación dona Ana Garrido, este curso, xa comezado, os conserxes non foron designados polo que se fai imposible manter o centro aberto para impartir as aulas de adultos que van na franxa dende as 16h ás 22,30h, horario asumido polo persoal municipal, sendo este un dos horarios de maior afluencia, xa que é o único dispoñíbel para as persoas que teñen un traballo e queren, ou precisan, obter unha certificación académica de estudos primarios ou secundarios.

Desde Anova Ourense – Irmandade Nacionalista queremos denunciar esta grave situación que afecta a máis de 1000 alumnos e alumnas de Ourense. Queremos lembrar que no centro de educación público Educación y Promoción de Adultos, inclúe as especialidades de primaria e bacharelato, así como diversas clases extraescolares, coma lingua galega, informática ou idiomas, ás que acoden colectivos, moitas veces en risco de exclusión, como poden ser inmigrantes, parados ou xente sen recursos.

Desde Anova Ourense – Irmandade Nacionalista, esiximos ao Concello de Ourense, que deixe de botar balóns fóra e asuma as responsabilidades contraídas coa cidadanía e coa dirección do centro e dunha vez por todas exerza como grupo de goberno realizando as xestións necesarias para solucionar esta grave situación.

Da mesma maneira, Anova apoia e solidarízase co profesorado, persoal de servizo e alumnado do centro e anima á cidadanía a participar mañá na concentración convocada polo alumnado, que terá lugar ás 12h na Praza Maior

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s