Anova reclama garantías para a venda da uva e apoia as reivindicacións dos viticultores

O deputado de Alternativa Galega de Esquerda, David Fernández Calviño, visitou aos viticultores/as pechados na xefatura territorial do Medio Rural en Ourense para amosarlle o apoio da nosa organización e recoller as súas demandas.

Anova – Irmandade Nacionalista de Ourense amosa o seu apoio e solidariedade cos viticultores e viticultoras que están nunha situación extrema pola negativa das adegas a recoller a uva.

Segundo as nosas información, nesta campaña, hai máis de 500.000 quilos de uva que aínda non se recolleron e que porán en risco a supervivencia dos produtores xa que os seus ingresos anuais dependen exclusivamente da súa venda ás adegas.

Desde a Anova, ao igual que toda a oposición parlamentaria, vimos xa fai tempo reivindicando que a Xunta se implique e apoie con claridade, fronte á Industria e as grandes adegas, a defensa dos colleiteiros e provedores, que un ano máis chegan a una nova campaña da vendima sen estabilidade e garantía mínima no prezo da uva.

A comarca do Ribeiro necesita un contrato homologado, así téñeno reivindicado grande parte do tecido social e económico do Ribeiro, varios Concellos, e todas as organizacións agrarias. Non se entende entón a deixadez de funcións da Xunta, que un ano máis permite que se chegue a esta extrema situación de inexistencia dese marco mínimo de estabilidade para os produtores e colleiteiros do Ribeiro.

Esiximos que a Xunta tome as medidas oportunas para asegurar a compra da uva e que solucione un conflito recorrente nestas datas e que debera pasar por vincular as subvencións públicas coa sinatura de contratos homologados. Instamos á Xunta a non esconderse no seu caparazón e adopte as medidas precisas para acabar con esta lamentábel situación.

Desde Anova temos a intención de sumar esforzos xunto a todas as organizacións e sectores que traballen nestas e outras reivindicacións que dignifiquen e melloren o sistema de vida da veciñanza do Ribeiro. Para elo tamén contaremos coa actividade do noso deputado e de todo o grupo parlamentar da AGE.

Peche na XT do Medio Rural de Ourense

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s