Por unha rede galega e pública de trens de cercanías!

anton sanchez

Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través do seu deputado Antón Sánchez, presentou unha moción parlamentaria para que o Parlamento instase á Xunta a construír unha rede de tren de cercanías, a defender o ferrocarril “como servizo público prestado en réxime de xestión directa” e a asumir as competencias na materia “para que o Goberno galego pule polo ferrocarril convencional”. O resto da oposición apoiou a moción de AGE –no caso do Bloque cunha emenda aceptada-, pero o PP negouse. Unha confusa intervención do deputado Gómez Alonso argumentou o seu rexeitamento a forza de ripios sobre os gobernos de Zapatero e con alusións de dubidoso gusto ao accidente de tren de Angrois en que morreron 78 persoas. 

“O ferrocarril é o medio de transporte con menos impacto ambiental”, intentou explicar Sánchez, “e será necesario nun mundo en que os combustíbeis fósiles se achegan ao seu esgotamento”. A necesidade dunha rede de cercanías axeitada, especialmente nos núcleos Vigo-Pontevedra e A Coruña-Ferrol ou a crítica pola obsesión do Goberno polo AVE que conecta con Madrid centraron a intervención do parlamentario de Alternativa. Para chegar á única conclusión posíbel, en vista da actitude da dereita: “Vostedes, o PP, só defenden a conexión con Madrid, o AVE, o transporte elitista e o baleiramento do rural”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s