O PP exerce o seu machismo e totalitarismo ao expulsar do Parlamento á deputada Chelo Martínez

chelo parlamento

Os feitos producíronse o mércores día 11 cando estaba remantando a sesión plenaria. A deputada de Anova, pertencente ao grupo parlamentar de AGE, Chelo Martínez, tomou a palabra no seu turno para preguntarlle ao goberno do PP pola situación de folga na Clínica Povisa de Vigo.

Desde Anova-Irmandade Nacionalista, esiximos ao Partido Popular que pida desculpas públicas á parlamentaria que foi agredida verbalmente e que se retracte formalmente dos feitos.

Ao remate da súa documentación, para ilustrar a súa preocupación polo tema, a deputada achegouse ao escano da Conselleira de Sanidade para facerlle chegar a documentación que elaborara o comité de empresa do centro sanitario. Nese momento, varios deputados das bancadas do PP comezaron a insultala e a proferirlle insultos coma “fea” e “macarra”. Ante a regueiro de insultos sexistas e totalmente fóra de lugar, a deputada Chelo Martínez chamounos “fascistas”.
A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, non escoitou estes insultos, pero si o termo empregado pola deputada nacionalista, polo que foi castigada con perder o seguinte Pleno.
Desde Anova-Irmandade Nacionalista, esiximos ao Partido Popular que pida desculpas públicas á parlamentaria que foi agredida verbalmente e que se retracte formalmente dos feitos.
Anova lamenta e condena os comportamentos sexistas que se producen a cotío nas institucións públicas que representan a todo a cidadanía, tamén ás mulleres que son sistematicamente discriminadas.
Da mesma maneira, queremos destacar as mostras de solidaridade de diferentes organizacións políticas e colectivos ao longo de todos estes días que esixen tamén a rectificación inmediata destes comportamentos machistas que nunca son punidos e que o Partido Popular apoia e consinte.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s