Beiras defende un suxeito político galego que se coordine co resto do Estado nunha fronte ampla

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, explicou a proposta de fronte ampla lanzada pola Coordinadora Nacional de cara aos comicios europeos, que pasaría por crear un suxeito político galego que leve a cabo un acordo coas demais nacionalidades históricas e co resto do Estado para concorrer ás eleccións do ano que vén.

Xosé Manuel Beiras indicou que se trata, por un lado, de crear un “suxeito galego propio” pero, dado o contexto de Galiza e as diferencias co estado de outras nacionalidades como a catalá, a idea é que este suxeito galego conflúa con outros tantos suxeitos das demais nacionalidades históricas e co resto do Estado para construír un “suxeito político plural”. Para formar parte del, Anova tamén fai un chamado ás plataformas cidadás, así como ás forzas sindicais.

Na súa intervención en rolda de prensa, Beiras incidiu en que Anova propón “un acordo de unidade de acción para as eleccións europeas baixo a fórmula de unha fronte ampla non excluínte”, polo que fixo un chamado á unidade de acción do nacionalismo e da esquerda baixo a fórmula dunha “fronte ampla no excluíente”, na que caben BNG e Compromiso por Galicia.

“Ninguén é o centro e ninguén ten a centralidade”, dixo Beiras.

Despois da conformación do suxeito político galego, o segundo paso é crear un suxeito plural “disposto a compartir unha coalición electoral que teña como propósito común a loita pola fin do réxime, a ruptura democrática e a democracia real”, como recolle o acordo aprobado pola coordinadora de Anova. “Se se frustra, non será pola nosa responsabilidade”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s