O Concello permite que unhas chemineas de Mariñamansa boten gases nocivos no parque infantil

chemineas

Segue sen arranxarse o problema das chemineas situadas no Mercadona de Mariñamansa pese ás reiteradas queixas das/os veciñas/os da zona que é un parque infantil e que diariamente é frecuentada por nenas/os e maiores da zona.

O inicio do problema remóntase ao ano 1998. A empresa promotora dos edificios da Avenida de Zamora nº 89, 90, 92, 2 e 4, Drinco, ten a cesión das zonas verdes e viais que están enriba da praza pública onte esta a área comercial. En 2006, sendo concelleiro de Medio Ambiente Poly do PP, apróbase o proxecto de urbanización sen darlle cobertura legal ás chemineas. A primeira denuncia ante a fiscalía desta situación ten lugar no 2007, xa que as/os veciñas/os das comunidades afectadas ven un grave risco para a saúde e seguridade dos seus fillos e fillas. Fruto dunha negociación entre o Concello, a empresa promotora das obras, os veciños das 3 comunidades afectadas e Mercadona, apróbase retirar as chemineas da praza pública e substituílas por outros conductos, deixando libre de fumes a praza, co correspondente informe técnico que xustifica esta necesidade. O novo proxecto de urbanización que supón a retirada das chimeneas aprobouse por acordo de Xunta de Goberno Local na sesión de 25 de outrubro de 2007 e contaba con todos os informes técnicos favorables, como eran o de medio ambiente, servizo electrico, enxeñería e informe xurídico.

Con motivo deste acordo deuselle licenza de apertura a Mercadona coa condición de que tiña que facer a obra de retirada das chimeneas no prazo de 6 meses para repoñer a legalidade e depositou o aval de 50.000€.

A mesma concelleira que impulsara as negociacións, ordenou a suspensión da execución das obras de retirada das chimeneas en febreiro de 2008 e para xustificar a sua decisión pediu un informe técnico fóra do concello a un técnico que resultou ser o arquitecto de Drinco, que precisamente fixera o proxecto de retirada das chimeneas.  Este técnico dixo todo o contrario do que dixera anteriormente. Para esta suspensión non houbo ningún informe dos técnicos ou xurídicos municipais que indicaran que o aprobado en Xunta de Goberno Local de 25 de outubro de 2007 non se axustara á legalidade e non houbo ningún procedemento de anulación, polo que a decisión de suspensión de Área non era axustada a dereito.

A pesar da sentenza, o concello non continúa co proxecto de retirada das chimeneas e en setembro de 2012 aproba un novo acordo polo que acepta novamente o desestimento do promotor a realizar a obra de retirada das chimeneas e se ordena a devolución do aval e por isto os veciños/as afectados/as acuden novamente ao xuzgado contencioso –administrativo nº1 de Ourense.

O máis indignante para as/os afectados, é que hai poucos meses, procédese á reforma do parque desde a concellería de Medio Ambiente, non correxindo a ilegalidade que cometeu o PP ao non deixar polo menos un 40% de zona verde nos espazos públicos de esparcemento. Remodélase a zona de xogos e faise “un lavado de cara” pero non se soluciona o problema de verquidos de gases da área comercial nin se retiran as chemineas que incumpren desde o seu incio a normativa ao estaren situadas nunha zona intantil.

Desde Anova-Ourense resulta incomprensible nestes tempos de crise, de recortes no que se limitan as asignacións para servizos socias, educación etc. se faga este gasto que realmente non mellorar a situación, cando se podía ter feito a obra á conta da empresa obrigada.

O que comezou como unha grave irregularidade do PP cando tiña responsabilidades de goberno no Concello de Ourense, pasa a ser unha grave ilegalidade que permite consolidar o PSOE ao non obrigar á promotora a realizar a obra e non executar o aval destinado a corrixir a situación inicial que pon en risco continuo ás nenas e nenos que xogan a diario nesa praza e que están exposto a respirar eses fumes nocivos, dos que se descoñecen as consecuencias a medio-longo prazo.

Por todo o exposto, Anova-Ourense, quere denunciar públicamente esta situación ilegal que leva anos sen ser arranxada pese aos informes que xustifican a súa solución por risco grave para a saúde e seguridade das persoas que viven na zona.

Do mesmo xeito, Anova-Ourense solicita que se aclare a situación da devolución de 50.000€ de diñeiro público a unha empresa privada e esixe ao Concello de Ourense, que executen de xeito inmediato as obras necesarias para eliminar ou modificar a existencia de chemineas contaminantes nunha zona de xogos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s