Anova esixe a demisión inmediata de Senén Pousa e a retirada de subvencións ao Concello de Beade

senen pousa

Os desmáns fascistas de alcaldes do Partido Popular e dos seus militantes estanse a multiplicar perigosamente nos últimos tempos.

O último, aínda que tristemente xa coñecido por todos, volve a ser o alcalde de Beade. O coñecido alcalde das misas a Franco volve a saír do armario do fascismo e presume de retrato do ditador no despacho e de non mudar os nomes das rúas. Incluso chega a fachendear de ter ‘O cara o sol’ como ton do seu móbil.

Dende Anova-Irmandade Nacionalista de Ourense esiximos a dimisión do alcalde profascista e esiximos unha condena inmediata do Partido Popular e da Xunta de Galiza.

Non se pode permitir que, a estas alturas de século aínda haxa quen, impunemente faga apoloxía do fascismo e do ditador. A comisaria europea Viviane Reding indica aos partidos españois que trivializar, negar ou exculpar comportamentos fascistas é sancionable. A Unión Europea xa advertiu ao PP que xustificar ou non condenar o fascismo é un delito e que a partir do próximo 1 de decembro de 2014 a Comisión Europea terá capacidade para sancionar os estados que non penalice no fascismo.

A Lei da Memoria Histórica posibilita ás Administracións Públicas a retirada de subvencións públicas a aquelas entidades que non tomen as medidas oportunas para a retirada de placas, insignias ou outros obxectos de exaltación da sublevación militar e da ditadura fascista.

Dende Anova, esiximos a desautorización pública do alcalde de Beade e a súa dimisión inmediata e que se proceda á retirada e retención de subvencións a dito Concello mentres non se respecte a Lei da Memoria Histórica

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s