Anova participa na asemblea galega de cargos políticos municipais contra a reforma da Administración local

pleno_gondomar

Dende Anova consideramos que o mal chamado “Proxecto de Lei de racionalización e sostibilidade da Administración Local” non ten outro obxectivo que a supresión de servizos públicos esenciais dos concellos, abocados á súa futura privatización, o que repercutirá nunha degradación das condicións de vida dunha poboación xa esmagada polas políticas depredadoras, económicas e sociais, do PP.

Esta reforma é unha esixencia máis dos “mercados”, pois responde á vontade de adaptar a normativa que regula a Administración local á modificación que se fixo da Constitución en 2011, coa que se adoptou o principio de estabilidade orzamentaria. Esta lóxica economicista supón a defunción do modelo de Estado do Benestar, do cal os servizos sociais municipais son un piar fundamental e se ven en perigo con este proxecto de lei.

A reforma afonda na recentralización do Estado, en detrimento da autonomía municipal, reforzando as Deputacións, afastando cada vez máis á cidadanía dos centros de toma de decisións.

Por iso, os cargos políticos municipais de Anova asistiremos á xuntanza convocada para o día 10 de setembro en Compostela pola coordinadora de alcaldes, alcaldesas concelleiros e concelleiras formada na provincia Lugo contra a reforma da Administración local, e da que Anova participa dende o inicio.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s