Anova esixe ao Concello de Ourense que abra ao público a casa da mocidade da Ponte, que está rematada e acondicionada

casa da mocidade da ponte

O Barrio da Ponte conta cun edificio municipal, totalmente amoblado e listo para usarse pero pechado. Trátase do espazo para a Mocidade Lusquiños, nome posto a título póstumo en honra do músico Moncho Lusquiños.

Un espazo de esparcemento para a mocidade que conta con estudios de ensaio e grabación para grupos musicais da cidade, Lusquiños contaría así con catro locais de ensaio que contan cunha superficie de 43,64 m2, distribuídos en catro salas, cada unha con material como unha batería con soportes e pratos, un amplificador de guitarra, un amplificador de baixo, unha mesa para voces, dous altofalantes, conexións eléctricas e cableado, micrófonos e pés de micro.

Debido aos múltiples problemas que carrexa o PSOE na cidade de Ourense, sumado ás súas propias disputas internas, fan imposible que o último trámite necesario para a apertura non chegue a cumprirse, a designación de traballadores do concello para este edificio municipal.

Aínda que o PSOE e no seu momento o BNG xa se escusaron en innumerábeis ocasións a este respecto, é de coñecemento popular que persoal do concello, ás veces carente de traballo debido a diversas externalizacións, estaría disposto ao traslado a este local.

O paso do tempo e o local pechado fan que se ocasionen estragos na súa estrutura, é xa son varias as obras executadas por mor de humidades e goteiras, que de estar dispoñible seguramente se houberan atallado a tempo.

Dende Anova Ourense – Irmandade Nacionalista solicitamos formalmente ao Concello de Ourense explicacións ao respecto e que proceda a inmediata apertura do centro, xa que hai moita demanda de xente moza da cidade que precisa Lusquiños como unha oportunidade de darlle vida a súa capacidade musical e artística así como suporía un aforro para os grupos emerxentes da cidade, que poderían aforrar un diñeiro en alugueiros que a día de hoxe moitas veces non se pode permitir.

Por último, Anova Ourense – Irmandade Nacionalista quere pór o acento crítico na responsabilidade do grupo municipal do PSG-PSOE a respecto deste tipo de situacións, posto que non é o único caso, xa que a coñecida como Casa da Maxia, permanece pechada dende a súa finalización hai tres anos e que poña todos os locais públicos de titularidade municipal ao dispor da cidadanía que pagamos cos nosos impostos a súa construcción e mantemento.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s