Feijóo ten que dimitir por ser un presidente ilexítimo que concorreu ás eleccións de xeito ilegal

negocios ppopulares

Alternativa Galega de Esquerda esixiu unha vez máis a dimisión inmediata do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo por concorrer de xeito ilegal ás eleccións cun partido financiado ilegalmente o que o converte nun presidente ilexítimo. Un día máis os medios de comunicación amplían os datos que confirman o financiamento ilegal do Partido Popular en Galicia con doazóns ilegais que comezaron xa co goberno de Manuel Fraga e sendo xa Núñez Feijóo presidente do partido.

O escándalo do financiamento ilegal do PP a nivel estatal coas continuas informacións aportadas polo extesoureiro do partido, Luis Bárcenas, sinalan directamente ao PPdeG e os seus tratos con grandes empresas construtoras galegas que resultaron adxudicatarias de contratos millonarios por parte da administración pública durante todos os anos de goberno popular como é o caso de ACS, FCC, OHL, Copasa ou Teconsa dos que resultaron obras como o gran burato negro da Cidade da Cultura.

O funcionamento do Partido Popular supón un ataque frontal ao sistema democrático xa que queda demostrado que o financiamento ilegal é un xeito habitual do partido. Alternativa Galega de Esquerda denuncia o dobre fraude xa que por un lado concorreron de xeito ilegal ás eleccións autonómicas e por outro, resultaron elixidos cun programa electoral que posteriormente incumpriron en todos os seus puntos.

Por todo isto, os deputados de AGE asegura que o único que pode facer o goberno de Núñez Feijoo, totalmente deslexitimado fronte a cidadanía, é convocar eleccións de xeito urxente “se é que lles resta un mínimo de dignidade”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s