Beatriz Mato volve a castigar ás familias con menos recursos obrigando a pagar máis polas escolas infantís

beatriz mato

Alternativa Galega de Esquerda denuncia a actitude insensible e hipócrita da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que unha vez máis ataca ás familias con menos recursos obrigándoas a pagar máis polo coidado dos seus pequenos ao subir o IPC aos prezos das escolas infantís. Ao Partido Popular parece non lle chegar con recortar salarios, empeorar as xornadas e as condicións laborais dos traballadores senón que ademais pretende afogar aínda se cabe un pouco máis as familias do noso país facendo que paguen máis por servizos básicos e que deberían ser universais e gratuítos para todos os galegos e galegas que precisen levar aos seus fillos e fillas a unha escola infantil.

Mentres os membros do goberno galego e a propia conselleira Beatriz Mato fan declaracións asegurando estar moi preocupados pola situación que están a atravesar as familias, a realidade é que a súa política demostra todo o contrario e seguen a atacar a aqueles que menos recursos teñen como demostra o feito por exemplo que só aquelas familias que cobren menos de 150 euros mensuais estarán libres de pagar a escola infantil, o que na realidade suporía que esta familia directamente non tería que dar de comer aos seus pequenos.

Ante esta falla de sensibilidade, Alternativa Galega de Esquerda esixe á conselleira e á Xunta que reformulen canto antes os prezos deste servizo fundamental para as familias galegas que debería ser unha axuda e non unha carga máis á que moitas non poderán facer fronte grazas as políticas agresoras do Partido Popular.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s