Mobilización polo Día da Patria en Ourense

Por volta deste día da Patria, como vén sendo habitual na cidade de Ourense, diversas mozas e mozos independentistas e nacionalistas convocan unha mobilización aberta para celebrar o día da patria amosado o rexeitamento do marco xurídico-constitucional vixente e o desexo de dotar a Galiza de plena soberanía. A súa intención é chegar alén da mocidade e convidar a diversas organizacións, asociacións e entidades de diferente tipo a contribuír ao éxito da convocatoria.

A mobilización consistirá nun pasarrúas-manifestación con saída ás 20:30 horas do luns 22 de xullo desde a Subdelegación do goberno (Parque de San Lázaro). Encabezadas por unha bandeira da patria e unha única faixa co lema “Independencia”, percorreranse as rúas da zona vella con bandeiras da patria, vermellas e feministas, sen simboloxía partidaria nin subcortexos, e rematará nos Xardíns do Pai Feixoo, onde terá lugar o acto político de peche.

Como seguramente xa sabedes, diversas organizacións que participan desta convocatoria están a sumar esforzos de cara a unha manifestación xuvenil independentista en Santiago de Compostela o vindeiro 24 de xullo, polo que no acto final procederase á lectura do manifesto desta convocatoria.

OURENSE2013

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s