Anova pide a dimisión de Rajoy e a convocatoria de eleccións xerais

Anova esixe a dimisión inmediata de Rajoy e a apertura dun proceso constituínte, que parta da realidade plurinacional do Estado e da fórmula republicana.

ANOVA – Irmandade Nacionalista ante a situación indescritíbel, ante unha sociedade civil atónita e indignada, ante a tamaña proliferación de casos de corrupción e de desvergoña dos gobernantes do PP solicita:

1. A inmediata dimisión do presidente do Goberno Mariano Rajoy e do seu Goberno.

2. Convocar unhas Eleccións Xerais a Cortes con carácter constituínte que poñan remate á podremia desta 2ª restauración borbónica, que parta da realidade plurinacional do Estado e da fórmula republicana para poñer o Estado ao servizo das cidadanías das diversas nacións que o integramos e proceder mediante unha creba democrática a limpar todo o lixo acumulado nestas décadas.

3. Calquera outro tipo de dimisión a secas, ou acompañada de petición de Elección Xerais sen ese carácter constituínte, como andan a pedir os partidos do pacto da reforma política, non deixan de ser panos quentes para a gravidade da creba de sistema e fórmula política do Estado español.

Advertisements

Un comentario en “Anova pide a dimisión de Rajoy e a convocatoria de eleccións xerais

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s