Ante as irregularidades no Servizo de axuda a domicilio do Concello de Ourense

marga martin

Ante a nova aparecida en distintos medios de prensa, de que o Corpo Nacional de Policía ultima a redacción final dun informe encargado polo xulgado de instrucción número Dous de Ourense, sobre o desfase entre as horas de traballo real do servizo e as finalmente facturadas á empresa Troncoso Saludges, pola prestación da Axuda a domicilio entre os anos 2007 e 2011, parece que quedan corroboradas as irregularidades na xestión económica deste servizo.

A policía xa certificou a alteración con tippex e bolígrafo de follas de pago sospeitosas e a Concellería presuntamente efectuou propostas de facturas falsas para esgotar o presuposto asignado á contrata. Fontes policiais cifran o desfase entre as horas de servizo prestadas e o custo, en máis de 200.000 €.

Á espera de que a próxima semana testifiquen a ex-xefa do servizo que asinou a concesión, un técnico de Benestar así como o oficial maior en funcións e de que o maxistrado resolva a petición de arquivo presentada por dúas das funcionarias imputadas, dende ANOVA Irmandade Nacionalista de Ourense, instamos ó Goberno local que ofreza á cidadanía as aclaracións pertinentes.

A implantación da Lei de Promoción da Autonomía persoal e atención a persoas en situación de dependencia, ademais de cubrir unha necesidade imperiosa no noso territorio polo envellecemento da poboación galega, tiña francas posibilidades de xerar riqueza sostible no tempo, postos de traballo estables e supuña a alta na seguridade social de persoas coidadoras non profesionais, ademais de formación e apoio no desempeño desta función.

Cos recortes o esforzo volve recaer nas familias, retrocedendo a unha xestión nada desexable. O necesario son recursos de atención públicos, pero as políticas neoliberais que neste momento están a implantar as distintas administracións, apoiándose en redes de atención privadas, o único que xeran é maior custo para as persoas usuarias, tanto económico como en calidade de atención. Quedando xa amplamente demostrado que a iniciativa privada mercantiliza este dereito á atención, dende ANOVA Irmandade Nacionalista de Ourense instamos ás institucións con competencias neste asunto, fundamentalmente o Concello de Ourense, a que recuperen a xestion deste servizo, para que sexa una prestación pública, eficaz e de calidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s