Non ao peche da piscina exterior dos Remedios

Piscina exterior dos Remedios

Ante o comunicado feito público, e que colga das paredes do Complexo Polideportivo de Os Remedios, de que a piscina exterior permanecerá pechada durante o mes de Agosto, mentres continúen as obras de remodelación e reparación da piscina olímpica Rosario Dueñas, AnovaOurense – Irmandade Nacionalista expón que:

Despois do gasto na remodelación da piscina exterior do Complexo Polideportivo de Os Remedios cun importe de 959.808,40€ no ano 2009, con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local e finalizada esta remodelación no ano 2010, esta abría ao público en Xuño de 2010. Chama a atención que 3 anos despois,  xa se peche, neste caso temporalmente durante un dos poucos meses que os usuarios poden facer uso dela.

Ben é certo que o peche ten lugar por causas alleas á propia piscina exterior, como son a reparación da temperatura e as humidades que produce a piscina olímpica Rosario Dueñas, pero este non debera ser incompatíbel coa apertura do devandito vaso acuático.

Por outra parte, chama a atención a falta de organización por parte dos entes públicos, de cara a utilización desta piscina polos usuarios e usuarias finais, e máis en concreto, do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes, composta por membros das distintas agrupación políticas con representación no Concello de Ourense que reunido o 13 de Xuño de 2013 toma esta decisión.

Dende AnovaOurense – Irmandade Nacionalista, instamos a que os organismos pertinentes reconsideren esta decisión en prol de continuar co servizo de piscina exterior, sendo esta a única época do ano que, debido as súas características, exterior e sen cubrir, permite a súa utilización e amortización.

Do mesmo modo, consideramos que de haber vontade política dos grupos representados no Concello de Ourense, nomeadamente PSdeG-PSOE, PP, BNG e Democracia Ourensana, como membros estes, ademais, do propio Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes de Ourense, de favorecer os propios intereses do conxunto de persoas que fan uso desta piscina pública, tanto socios do complexo deportivo coma dos cidadáns de Ourense utilizan habitualmente esta instalación na época do verán, buscarían solución que satisfaga a tódalas partes.

Esperemos que finalmente este conflito se arranxe e podamos gozar, desta maneira, dunha máis de entre as poucas alternativas de ocio estival que nos ofrece o Concello de Ourense durante o caloroso verán que temos por diante.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s