A Xunta ten que se mover dunha vez para salvar o emprego en T-Solar

traballadores de T-Solar%2c hoxe pechados na empresa %28o terceiro pola dereita e o deputado de AGE Fernández Calviño%29 (1)

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) esixe á Xunta do señor Núñez que se mova dunha vez para salvar o emprego na fábrica ourensá de paneis solares T-Solar. Para o deputado de AGE David Fernández Calviño, o Goberno do PP “debe estudar en serio as ofertas existentes para se facer con T-Solar e informar aos traballadores”. O grupo parlamentario denuncia que a comisión negociadora para a venda da compañía, da quen fan parte Xunta, operarios e a administración concursal, non se reuniu nin unha soa vez. “Mentres, hai ofertas de investidores estranxeiros e a Xunta cala a boca”, critica Fernández Calviño.

En T-Solar traballaban 170 empregados. O ERE de extinción, aprobado en maio e formalizado a semana pasada, deitounos a todos no paro. Onte iniciaron un peche nas dependencias da empresa e esta mañá o parlamentario de Alternativa acudiu ao lugar solidarizarse cos afectados. “A Xunta, como principal acredor, debe moverse e facer por salvar a compañía”, expón Fernández Calviño, “e conservar os postos de traballo. Ou que queren, eliminar todo e que unicamente se poida traballar nas minas a ceo aberto?”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s