A I República Galega

Ao  día seguinte de instaurado o novo réxime da II República, decrétase a revisión de toda a lexislación da ditadura. En ferrocarrís, o ministro de Facenda, Indalecio Prieto, achácalle ao seu antecesor, o conde de Guadalhorce, o recuperar proxectos creados pola fantasía e ter concedido liñas a todos os que llas reclamaban, un alegre despilfarro que, segundo o ministro socialista, “iba a acabar desangrando a la economía española”. De todas as ferrovías que naquel momento se achaban en construción, a galega era la máis cara e a máis discutida e, polo tanto, converteuse no primeiro branco da política “aforradora” de Prieto, quen non só desestimou os criterios do enxeñeiro madrileño Vicente Marchimbarena, quen xa lle advertira de que esa obra rescataría a Galiza da súa “incomunicación con el resto del mundo”, senón que esqueceu que nela traballaban a esas alturas entre 12 mil y 15 mil obreiros. Case 5.000 deles no tramo entre Sanabria e Ourense.

O 23 de Xuño o Goberno da II República decide suspender as obras do ferrocarril, esta desafortunada decisión política deu lugar a un potente levantamento popular contra o goberno, declarándose en folga parte dos traballadores e apoiados polos comerciantes, pequena burguesía e toda a prensa galega.

Protestábase entre outras moitas cousas que na liña ferroviaria galega se recortaran 16 millóns de pesetas só na Galiza mentres o total do recorte no estado español era de 44millóns. Por se fora pouco, Prieto asignaba xenerosamente 12 millóns para a ampliación do porto de Bilbao, o seu feudo político. A discriminación estaba servida, tanto como o caldo de cultivo para que os nacionalistas tomasen as rendas, aliados cos comunistas e os anarquistas, quen lideraban aos obreiros que vían perigar os seus postos de trabalo.

Os primeiros conflitos producíronse na cidade de Ourense, na cal tivo lugar unha grande manifestación o 26 de Xuño de 1931.

A cidade de Ourense queda paralizada. Ao anoitecer foi ocupado o salón de plenos do concello por parte dos folguistas que procederon a izar a bandeira galega e a proclamar a República. Así mesmo, en asemblea redactaron unha serie de puntos entre os que esixía a dimisión de todos os cargos do Concello e das Deputacións, que todos os galegos que ostentaran cargos no Estado renunciasen a eles así como unha declaración de baixa de todas as tributacións ao Estado.

Acendidos, os manifestantes encamiñáronse posteriormente á sé do Goberno Civil onde se izou a bandeira galega (tras facer anacos a tricolor republicana española que ondeaba)

manifestacion I republica galega
Manifestación en Ourense, 26 de Xuño de 1931

O 27 de Xuño, véspera de eleccións constituíntes, na cidade de Santiago de Compostela decrétase tamén a folga xeral revolucionaria. Ás 19h ten lugar na Alameda da cidade un mitin coa colaboración de Carnero Valenzuela, Eduardo Puente “O Nécoras”, Pedro Campos Couceiro e Alonso Ríos. Cando chega a quenda de este último proclama:

“Facemos a nosa revolución por riba de todos os poderes centrais incurridos por ter, proclamando a independencia. Nos gobernos civís agóchase o máis denigrante caciquismo. As candidaturas formadas ate o de agora están plagadas de caciques.  A verdadeira vontade galega, democraticamente revolucionaria, aínda non deixou ouvir a súa voz, e eu conxúrovos, cidadáns, a que de unha vez fagamos a nosa revolución, por riba de todos os poderes centrais, habidos e por haber, proclamándose a nosa independencia e abrazándose, se fai falla, cariñosamente a Portugal, a nosa irmá. (…) Xúrovos solemnemente que se chego ao Parlamento pedirei con todas as miñas forzas a confección dunha constitución desexable, a consolidación da República unitaria(…) Cidadáns, imos a facer a revolución, se é preciso coas armas na man (…)”

Simultaneamente o Concello de Pobra de Sanabria izou a bandeira galega, e unha pancarta mostraba o sentir xeral dos centos de manifestantes que alí se congregaban: “Queremos anexionarnos a Galiza”.

Antes de que se producise o alzamento das demais cidades, concretamente ao día seguinte, 29 de Xuño, o Goberno español decreta a continuación das obras do ferrocarril e os representantes dos traballadores optan por suspender as mobilizacións, facendo que a insurrección non se chegue a expandir e o soño dunha República Independente de Galiza chega a o seu fin dous días despois do seu nacemento.

republica galega

Advertisements

Un comentario en “A I República Galega

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s