Visita dos deputados David Fernández e Antón Sánchez ao Concello de Manzaneda

Os deputados de AGE xunto co alcalde de Manzaneda, David Rodríguez, percorreron o concello de Manzaneda durante a xornada do mércores 19 de xuño.

Durante a mañá visitaron o casco vello de Manzaneda onde, da man do alcalde, tiveron coñecemento dos proxectos e iniciativas de desenvolvemento rural que se foron executando no Concello no transcorrer destes últimos anos. Así tamén, se lles explicou cales son as problemáticas do propio Concello e as amplas dificultades para levar a cabo proxectos no rural da nosa provincia debido a falta de financiamento e ao grave abandono por parte das administracións dos núcleos rurais.

Tamén pola mañá achegáronse a visitar a finca de diversificación agrícola de A Mata, na que, ademais de desenvolver a agricultura e gandería tradicional elaborando produtos da terra na adega e cunha pequena queixería, faise un clara aposta polo agroturismo.

 A Mata, David, Davide, Antón

Xa pola tarde, os deputados visitaron o concello veciño de Vilariño de Conso, onde conversaron coa que foi no seu día a primeira alcaldesa nacionalista do país, Manuela González, que lles explicou o proxecto que están levando a cabo dende a ANPA para repoboar o rural, cunha campaña de captación de parellas novas con fillos en idade escolar que garantan a permanencia do colexio. Con esta iniciativa conseguiron achegar ao Concello a novos veciños de lugares tan dispares como Palma de Mallorca, Madrid, Cataluña, Ciudad Real, Valencia e tamén, de outros concellos de Galicia.

Coa Alcaldesa Vilariño

Para rematar a xornada, David Fernández e Antón Sánchez tiveron unha xuntanza cos veciños de Manzaneda na que os deputados presentaron aos veciños os plans de AGE para impulsar o medio rural, con medidas como a redacción dun programa de vivenda, a mellora na información os agricultores e gandeiros, e novas políticas de axudas e os veciños puideron achegarlles o seu malestar polas numerosas multas as que se enfrontan os gandeiros do concello por pastorear en zonas queimadas.

Cos veciños (1)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s