Preferentes e subordinadas: Manifestación o 15 de xuño ás 11:30 dende o Pavillón dos Remedios de Ourense

manifestacion PREFERENTES OURENSE_15 Xuño

O sábado 15 de Xuño, ás 11:30 da mañá terá lugar unha nova manifestación das persoas afectadas pola estafa das preferentes e subordinadas. Sairá dende o Pavillón dos Remedios de Ourense e rematará na Praza Maior de Ourense onde se procederá a ler o manifesto.

O lema da manifestación será “O Goberno rouba aos aforradores para rescatar á banca. Devolución do 100% do aforro “.

Quedan 40.000 persoas na Galiza sen recuperar os seus aforros. Ainda que máis de 20.000 persoas si tiveron dereito á arbitraxe queda o dobre de xente sen el. Os criterios para deixalos fora son irreais xa que teñen as mesmas características que os que foron chamados á arbitraxe. Detrás das cifras de xente pendente dunha solución, hai miles de dramas persoais e familiares.

E por se isto fora pouco, nesta semana coñeceuse a famosa quita aprobada polo Goberno vía Decreto, un novo roubo dos aforros. O caso das preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco pasará á historia da democracia como un dos maiores escándalos financeiros. Estafados polo banco. E, o goberno ratifica este roubo.

Convidámosvos a asistir e a darlle a máxima difusión á convocatoria. Aínda que os afectados son os que sufren directamente este roubo toda a sociedade está pagando con recortes o rescate destes bancos estafadores.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s