Anova denuncia o evidente caso de favoritismo laboral con Freire Couto

Anova Barbadás, forza política de recente implantación en  Barbadás ven observando como a clase dirixente deste Concello leva o goberno como se dunha finca particular se tratara. Por un lado, un concello con máis de dez mil habitantes sen as estructuras máis básicas coma un polideportivo,  un centro de saúde,  un instituto… por outro unas infraestructuras deficientes, as rúas sen arranxar, as pistas ós distintos pobos sen asfaltar e cheas de maleza e por outro o dubidoso enriquecemento tanto do alcalde como dos demáis membros do grupo popular.

Durante máis de 26 anos o PP leva no goberno e os únicos cambios que se observan son os do patrimonio dos dirixentes. Faise cada vez máis necesaria unha  desinfección que limpe a podredumbre que hai dentro. Cunha oposición endeble que “deixou facer” e que agora se percata de todo o que está mal, cando xa moitas consecuencias, sobre todo urbanísticas, son irreparables. O PP conseguíu, co silencio da oposición, facer unha plantilla á súa medida, un plan de urbanismo que beneficiou a unhos poucos así como un montón de irregularidades hoxe prescritas.

E xa como a guinda que decora o pastel, enterámonos da  manobra política que puxo en marcha o alcalde de Barbadás, José Manuel Freire Couto, co apoio explicito do PP a través dos xestores do Sergas para garantizarle o soldo que cobraba no Inorde sen saír da casa.

Para Anova está claro que tralo cese de Freire á fronte do Inorde, “o PP estalle buscando unha saída honrosa economicamente  a Freire, pois vai deixar de percibir 60.000 euros ó ano por non facer nada a ter que reingresar na súa profesión”. Consideramos inadmisible que Freire sexa tratado “con un evidente favoritivismo a nivel laboral” e reprochamos que “prácticamente se cree unha praza ad hoc para o alcalde”.

O traslado de Freire dende o centro de Vilamarín ó de Barbadás terá unhas consecuencias sobre a atención sanitaria máis cá evidentes. Na actualidade o médico de Barbadás, que se xubilará a finais de xuño, atendía en media xornada a 400 usuarios, unha cifra que por ser moi baixa abocaba á desaparición desta praza.

 O Sergas anunciou que estaban dispostos en trasladar cartillas dende o centro de saúde da Valenzá a Barbadás para “facerlle a Freire un traxe a medida”. As previsións que manexa o Sergas indican que se enviarían pacientes dende o centro da Valenzá ata completar as 1.300 cartillas e que Freire traballara a xornada completa.

Este tipo de actuacións demostra claramente, que tanto ó Sergas como ós dirixentes do PP “pouco lles importa a calidade asistencial ou a relación de confidencialidade e bo trato que ten que presidir o día a día entre paciente e médico”. Se finalmente se materializa esta evidente chanchullada, as consecuencias que para os pacientes afectados terá o cambio son incalculables, unido á alarma social que este asunto está xerando no municipio de Barbadás nos últimos días.

Chamamos ademais a atención sobre os “probables gastos de desprazamento que suporán para o paciente acostumado a ir ó centro da Valenzá e que agora terá que viaxar 6 kilómetros a maiores por un simple capricho do alcalde”. Ademais que hai uns meses o alcalde de Barbadás suprimiu unilateralmente o servizo de autobús ós centros médicos alegando que non era rentable. Este factor fai aínda máis ousadas as pretensións de Freire, quen “descaradamente xoga coa veciñanza e ataca sempre ós máis débiles, neste caso ás persoas anciás ou enfermas que agora teñen que recorrer a un servizo de taxi para ir ó medico”.

Consideramos intolerable que se obrigue a moitos veciños e veciñas a aceptar que o seu alcalde sexa o seu médico por imposición non por libre elección. Freire tería que reciclarse na residencia sanitaria a razón de 1 mes por ano de excedencia ata un máximo de 6 meses. A “dimisión” de Freire foi efectiva o 31 de maio pasado, polo cal tería que reincorporarse ó seu posto en decembro, 6 meses despois de pasar polos diferentes departamentos da residencia para porse ó día. Sen embargo, “ propio alcalde ten anunciado que se incorporará ó centro de saúde de Barbadás en setembro, polo que o PP volve a utilizar as institucións para saldar débedas dos políticos populares”

freire couto

Advertisements

2 comentarios en “Anova denuncia o evidente caso de favoritismo laboral con Freire Couto

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s