18 de maio: Día Internacional dos Museos

museo

Precisamos Anovar a política cultural. Unha nova política que se mergulle no traballo silandeiro dos museos locais levantados de xeito cooperativo. Unha nova política que protexa o patrimonio ao ar libre. Unha nova política que conecte o patrimonio nacional coas novas tecnoloxías na procura da socialización do coñecemento.

O ano 1977 o ICOM declarou o 18 de maio como día Internacional dos Museos. Marcou como obxectivo sensibilizar á cidadanía da importancia destas institucións  no desenvolvemento das sociedades. O lema co que se apela á cidadanía,  nesta etapa de recortes no cultural, económico e conquistas sociais, incide na ligazón entre manter viva a memoria dos pobos e o progreso social:

Museo (memoria e creatividade) = progreso social
Anova parte da consideración de que un museo non é un arquivo onde se recolle todo o que o a nosa sociedade foi xerando ao longo da nosa historia. Entende que detrás debe existir, alén dunha boa xestión dos recursos,  uns obxectivos que teñan como horizonte a coordinación cos seus profesionais, a conservación, divulgación e estudo do noso patrimonio cultural.
Somos un país rico en templos destas características que na actualidade mal sobreviven por falla de recursos económicos e, xa que logo, pola  ausencia dunha política por parte do goberno galego cara aqueles que desde a noite dos tempos mantiveron acesa a nosa cultura. Se callar, a ausencia dunha política de apoio á nosa cultura manifesta unha decida aposta polo etnocidio cultural por parte duns gobernantes que se comportan co propio como uns expertos ” liquidadores”.  Só así se pode entender o derroche que supuxo o Gaiás, o agonizante museo da cultura castrexa a carón do castro de San Cibrán de Las en Ourense, que debería formar parte da chamada Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico, a ausencia dun museo da emigración…

Precisamos Anovar a política cultural. Unha nova política que se mergulle no traballo silandeiro dos museos locais  levantados de xeito cooperativo. Unha nova política que protexa o patrimonio ao ar libre. Unha nova política que conecte o patrimonio nacional coas novas tecnoloxías na procura da socialización do coñecemento.
Apelamos a que nos aproximemos á nosa cultura como un  valor identitario, nestes tempos de gravísima crise económica e social, que debe desempeñar un importante motor na recuperación e o desenvolvemento económico do noso  país. Un piar para que se produza esta mellora é a necesidade dunha educación que achegue o feito cultural á cidadanía para que a propia cidadá, o propio cidadán, sexa a maior valedora e preservadora do patrimonio (artístico, natural…).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s