O Plan Sectorial de Actividades Extractivas do PP faise coa intención de legalizar actividades ilegais

auga ouroA Xunta de Galiza segue a facer política para o beneficio das trasnacionais mineiras, e semella ter feito ao seu ditado o Plan Sectorial de actividades extractivas, que ben podería denominarse “Plan sectorial de actividades depredadoras do territorio”.

O Plan Sectorial presentado pola Xunta de Galicia, e en exposición pública, xustifícase para legalizar as actividades extractivas ilegais -e de momento, ilegalizables- que existen e seguen operando, a pesar de non contar en moitos casos con licenza ou autorización autonómica, así como para amparar legalmente as novas previstas -caso da de Corcoesto-, en especial no referido ao solo rústico protexido.

O obxectivo do Plan Sectorial é legalizar o ilegal e permitir a continuidade das actividades existentes, a súa ampliación e as novas previstas. moi especialmente a de Corcoesto.

O Plan Sectorial califica de “proxecto industrial estratéxico” o proxecto de Corcoesto, cando, de momento, non existe tal declaración -polo menos, non foi publicada no DOG-, xa que unicamente se admitíu a trámite a súa solicitude e aprobada a declaración ambiental pero non a súa declaración formal como proxecto industrial estratéxico, que é distinto..

A intención é facilitar as autorizacións en zonas de solo rústico protexidas, retirándolle aos concellos a capacidade de ordenación para axilizarlle os trámites ás empresas.

A pesar de que un Plan sectorial debería de ser un instrumento de ordenación a Xunta de Galicia renuncia a ordenar nada e da vía libre para o expolio e a destrución do territorio, para facer realidade o que a Dirección Xeral ten como lema:”Galicia é unha mina”, pero unha mina para as empresas canadianas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s