9M: Mobilicémonos en defensa do ensino público!

plataforma galega en defensa do ensino publico

Alternativa Galega de Esquerda chama a participar nas mobilizacións en defensa do ensino público convocadas a partir de mañá pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Para AGE, impedir que o Goberno de Mariano Rajoy e a súa sucursal galega presidida polo amigo do contrabandista Dorado avancen na liquidación da escola pública é un imperativo político. Por iso o grupo parlamentario apoia as protestas da comunidade educativa que comezan mañá cun peche no instituto Rosalía de Castro de Castro e que se estenderán ao longo de todo o mes por diferentes centros educativos do país. Alternativa tamén se sumará á concentración que o ente convocou para o 17 de abril na capital galega ás 16.45 horas, xusto cando se reúne o Consello Escolar de Galicia.

Alternativa comparte coa plataforma o diagnóstico a respecto da denominada Lei de Mellora da Calidade Educativa (Lomce) e faino seu: “É unha norma reaccionaria, españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática, confesional, e liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino público os sectores sociais máis desfavo

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) chama a secundar, este xoves nove de maio, a folga xeral no ensino contra a Lomce. Esta norma, en fase de tramitación, conseguiu poñer de acordo a estudantes, profesores e persoal non docente: todos os sectores da educación pública opóñense a un proxecto de lei reaccionario, españolizador, elitista, sectario e sexista. AGE, que apela á unidade de acción no enfrontamento contra as medidas involucionistas da lei Wert, tamén participará nas manifestacións convocadas para este xoves. Só o combate na rúa, ao que Alternativa contribúe con numerosas iniciativas parlamentarias contrarias á letra e ao espírito da Lomce, poderá frear a ofensiva reaccionaria nas aulas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s