Construíndo a rebelión cívica con Martiño Noriega, Tereixa Otero e David Fdez. Calviño en Vigo o 10 de maio

Martiño Noriega, Tereixa Otero e David Fernández Calviño debaterán co público sobre movementos en partidos. Venres 10 de maio, ás 20:00 h. no Instituto Santa Irene de Vigo.

Dende a area de movementos sociais de Anova Vigo estamos organizando unha palestra-diálogo cos diferentes colectivos, sobre o declive do partido clásico, sobre a situación da esquerda social e tamén do concepto de partido en movemento aberto á necesidade da esquerda social, xa que esta precisa de organización, pero non calquera forma de organización se esta non permite elevar a conciencia.

Por isto vemos importante a importancia de fiar a capacidade de crearmos unha rebelión cívica todos/as nós.

Os procesos de confluencia entre movementos, a organización de redes e a construción colectiva de alternativas proseguen en mil e un lugares, en mil e unha formas e en mil e unha dimensións dentro dos nosos tecidos sociais. Hai esperanza.

Poi isto vos convidamos a que asistades o próximo día 10 de maio no Santa Irene a este debate onde podamos entre todos/as a redifinición de cal ten que ser a relación entre partidos e movementos sociais, entre militantes e cidadáns en loita.

Na mesa de debate estarán:

  • Martiño Noriega, alcalde de Teo e responsable de relacións institucionais de Anova
  • Tereixa Otero, da Marcha Mundial das Mulleres e Salvemos Monteferro
  • David Fernández Calviño, deputado de AGE
VENRES 10 DE MAIO / 20:00 horas / Instituto Santa Irene. Vigo
(con aparcamento)
A PRAZA E A RÚA
CONSTRUÍNDO A REBELIÓN CÍVICA
  1. Como ten que ser unha organización política no tempo do descrédito dos partidos clásicos?
  2. Como superar a atomización do movemento social?
  3. É posíbel o partido-movemento?

cartaz_vigo_rebelion_civica

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s