Sobre o espectáculo do pleno e os últimos acontecementos do grupo socialista no Concello de Ourense

concello ourense

Dende Anova – Irmandade Nacionalista de Ourense asistimos atónitos ao Pleno Municipal, máximo órgano de representación da cidadanía de Ourense. Lamentamos profundamente a cantidade de insultos, reproches, acusacións recíprocas de todos os grupos políticos, a política do “e ti máis” que ten farta á cidadanía, comezando polo Partido Popular que non aforrou insultos cando noutras cámaras como a galega autoproclámase estandarte do respecto e da educación  e expulsa a deputados por moito menos do que fan cando están na oposición,  seguindo polo BNG que elevou o ton das intervencións para descalificar e non para facer propostas en positivo para a cidade e continuando por D.O. que na súa liña habitual descalifica a todos os grupos políticos. Da mesma maneira, lamentamos ás informacións que están a saír sobre os gastos dos grupos municipais no Concello de Ourense, nomeadamente do PSOE. Consideramos que nunha época de grave crise económica como a que vivimos os primeiros que deben dar exemplo son as persoas que teñen un ámbito de representación institucional.

Condenamos, de maneira enérxica, o gasto en celebracións e festas particulares realizados con cartos públicos e dos que se benefician uns poucos.

Reclamamos a creación dun regulamento de fiscalización dos gastos dos grupos municipais nos que se vixíen as facturas que se pagan cos cartos da cidadanía de tal xeito que, previo ao cobro, se teñan que amosar as facturas do gasto e, todo isto, de acordo cun catálogo de bens e servizos que estean enumerados e por escrito de xeito que todas as persoas poidan comprobar que as súas achegas de impostos non van ser malgastados de xeito espurio por quen estea a exercer a representación nas institucións.

Lamentamos profundamente que unha vez máis a provincia de Ourense soamente sexa noticia por malgasto de cartos públicos e polo espectáculo circense no que se teñen convertido os Plenos Municipais e facemos un chamamento á responsabilidade aos grupos que conforman a corporación municipal para que cheguen a acordos que impidan o despilfarro do orzamento e que, á súa vez, aumenten a transparencia da institución.

Facemos tamén un chamamento de responsabilidade ao PsdeG para que, nestes momentos de ofensiva conservadora, non lle faciliten o traballo á dereita reaccionaria. Solicitámoslle que pidan desculpas á cidadanía, que devolvan os cartos  e centren o seu traballo en pararlle os pés ao neoliberalismo voraz que nos está a atacar dende Alemaña, Madrid e San Caetano. Solicitámoslle responsabilidade e sentidiño para que o Partido Popular non teña unha institución máis desde a que atacarnos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s