Anova chama á participación nas mobilizacións do 1º de maio

Anova fai un chamamento á participación da maioría social agredida dos actos do 1º de maio en Galiza, o Día Internacional da Clase Traballadora.

Nos seus documentos políticos, Anova defende un Marco Galego de Relacións Laborais e a democratización da empresa.

Son momentos de regresión de dereitos, botando abaixo as conquistas seculares da loita popular, nunha dramática situación de paro, precariedade e miseria para as xentes do común.

Neste 1º de maio, Anova reafirma o seu compromiso – plasmado no noso documento político fundacional – cun Marco Galego de Relacións Laborais que desenrole e potencie a Negociación Colectiva, a solución de conflictos, a Formación Profesional, a contratación e a participación sindical nas empresas, garantindo: a estabilidade e seguridade no emprego, a redución da xornada laboral, a cobertura do paro e das xubilacións, a participación equitativa da forza de traballo no valor engadido e o incremento sustentábel da produtividade, así como a derrogación das sucesivas reformas laborais que vaian en deterioro dos dereitos laborais e a democratización da empresa, regulando a participación das persoas traballadoras na súa dirección e xestión.

Deixámosvos aquí o díptico deste 1º de maio:

anova 1º maio

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s