Beiras cre que o “rebentón social” se producirá antes do remate da lexislatura

O voceiro de Anova vaticina que rebentón social non permitirá rematar a lexislatura galega nin a estatal.
Sobre vindeiros procesos electorais, avogou por “unha fronte ampla popular” para derrotar ao PP, “ventrílocuos do gran poder do capital bancario”.

beiras03

En declaracións á Cadena Ser, Xosé Manuel Beiras augurou que haberá un rebentón social nesta lexislatura.
Preguntado sobre as peticións de desculpas ou da súa dimisión por parte do PP, Beiras sinalou que “quen deben dimitir son eles”. “Por cousas moito máis pequenas se dimite en Europa e aquí, o que teñen que hacer é aclarar absolutamente as cousas, pois este señor (Feijóo) está desprezando absolutamente á cidadanía”.
En canto a vindeiros comicios, Beiras sinalou que cómpre replantexar a fórmula exitosa de AGE de xeito aberto para que se poida “ampliar o espectro”. “Mentras dure a lexislatura, aí estaremos” – sinalou -, e “se o facemos ben” como se está a facer, alimentará a configuración dunha “fronte ampla popular” que permitirá derrotar ao PP “aínda que reduza os deputados a 61”.
Sobre isto, Beiras acusou ao PP de fabricar unha “cortina de fume” coa proposta de reducción de escanos na Cámara galega para esquivar a crise política aberta polas fotos de Feijóo co narcotraficante Marcial Dorado.

Advertisements

2 comentarios en “Beiras cre que o “rebentón social” se producirá antes do remate da lexislatura

  1. Se tomamos en serio ese pronóstico, haberá que comezar a traballar estratexicamente con esa máxima condicionante. O importante é entón coñecer como se xustifica ese pronóstico e analisar os acontecimentos para comprobar se imos nesa dirección, para que cando ocurra podamos estar ben situados e ter unha boa alternativa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s