Anova lamenta a morte de Chávez

chavez

A Coordinadora Nacional de ANOVA-Irmandade Nacionalista quere facer públicas as súas condolencias pola morte do Presidente de Venezuela Hugo Chávez.

Máis aló do que a súa loita significou para Venezuela liberándoa da ditadura do FMI e Banco Mundial que levaran á exclusión e á pobreza a máis do 70% da cidadanía, máis aló das mudanza radicais en sanidade, educación públicas e do inmenso número de venezolanos que saíron da exclusión e da pobreza durante os seus mandados e máis aló do recoñecemento as nacións indíxenas que integran Venezuela, os seus mandatos contribuíron decisivamente á construción dun espazo soberano latinoamericano capaz de enfrontar as políticas neoliberais e colonialistas dos centro de poder do capital.

Para ANOVA esta pérdida é moi sentida e a súa loita non deixará de ser un exemplo de como podemos combater a crise na que nos teñen metidos os mesmos axentes financeiros, FMI e Banco Mundial, contra os que se uniron os pobos e a esquerda sudamericana e cuxas políticas nos toca hoxe combater a nos ao igual que a todos os pobos europeus e moi especialmente á Europa do Sul.

A inmensa pegada de Hugo Chávez é malia ao incompleto da revolución democrática bolivariana, será un exemplo do que todas e todos imos tirar conclusión proveitosas.

Advertisements

Un comentario en “Anova lamenta a morte de Chávez

  1. Xa gostaría eu, xa… que a morte de cada humana persoa fora laiada co mesmo impetu. Os mortos por non existiren prevención de riscos no choio, as que morremos por falla de pan, as que non temo nin un pozo de auga, as que cada día nos rompen a cona pola relixión…
    Chavez foi home e morreu.. ¿non vas morre ti?… pero o futuro é noso… ¡ups… xa que non… é noso senon dos fillos,sobriños e dos netos !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
    Faremos pervivir o chavismo, o socialimo.. o que queirades.. imos bater por un novo mundo… no cal non sexan as momias quenes manden, senon as persoas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s