XORNADAS – Partido e Movemento no SXXI, Sábado 23 10:00h, S.L.C. Reboreda – Redondela

cartaz-xornadas-fin-2

Tras o colapso do modelo representativo, expresado no vínculo da política ao Partido e ao Estado, a esquerda nacionalista estamos perante o imperativo histórico de (re)pensarmos  as relacións coa sociedade civil, ao tempo que (re)formulamos a relación da organización que estamos a construír co Estado.

Dende esta dupla vía, a nosa proposta de debate aberto á cidadanía, ten como horizonte buscar os puntos de encontro que nos conduzan á superación do actual estado de cousas. Pensamos, por unha banda, na necesidade de deixar atrás a desafección da cidadanía cara ás organizacións políticas e, pola outra, arelamos facer fincapé na necesidade xeracional de subvertir a ineficacia que amosa a partitocracia nos eidos nos que cristaliza a representación, as institucións.

Nese sentido convidámosvos a este debate aberto co gallo non só de analizar colectivamente o afastamento que padecen as organizacións politicas respecto da cidadanía , senón que tamén como forma de participar na creación dun suxeito político útil para a ruptura democrática co actual réxime político en descomposición.

Finalmente, salientar que a nosa vontade, tal e como significamos no lema das xornadas, é  situármonos baixo a idea dun Partido-Movemento nos albores do S. XXI: a creación colectiva dunha forma que potencie a soberanía das persoas fronte á vella cultura na que se desenvolven os Partidos Clásicos.

Advertisements

Un comentario en “XORNADAS – Partido e Movemento no SXXI, Sábado 23 10:00h, S.L.C. Reboreda – Redondela

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s