Anova califica de regresión centralizadora e privatizadora o Proxecto de Lei de Modificación do Réxime Local

O proxecto do PP suporá recorte e privatización de servizos públicos, o reforzamento das Deputacións e una degradación da autonomía local

Diante do Anteproxecto de reforma da administración local, aprobado onte polo Consello de Ministros, Anova manifesta o seguinte :

1.- O proxecto vai supoñer un reforzamento das Deputacións e do Estado central, en detrimento das competencias dos Concellos e da propia Xunta de Galiza.

2.- O proxecto vai supoñer o recorte da oferta de determinados servizos públicos básicos e esenciais (en especial os de educación e servizos sociais) que ata agora viñan prestando os concellos e que agora en moitos casos van desaparecer, ao depender dun impresentable criterio de rentabilidade económica (o proxecto prevé a fixación dun coste estándar, e se o custo real nun concello é superior, o servizo municipal, debe desaparecer, se se trata dun servizo de oferta municipal non obrigatoria ou, de tratarse dun servizo obrigatorio en concellos de menos de 20.000 habitantes, debe ser traspasada a súa xestión á Deputación).

Do mesmo xeito, proxectase que no caso da prestación de servizos polos Concellos en materia de sanidade, educación e servizos sociais, se traspase a súa xestión ás Comunidades Autónomas, para o cal o proxecto fixa uns prazos determinados, pero sen que se coñeza o financiamento e cobertura orzamentaria de dito traspaso.

O resultado de tal proxecto do PP non vai ser outro que a supresión de servizos públicos esenciais polos concellos, abocados á súa futura privatización, o que repercutirá nunha degradación das condicións de vida dunha poboación xa esmagada pola políticas depredadoras, económicas e sociais, do PP.

3.- O proxecto non só non simplifica a estrutura administrativa territorial senon que reforza o papel das Deputacións. No canto de prantexar a supresión das Deputacións o proxecto atribúelles máis competencias e atribucións, reforzando unas institucións ineficintes, caciquiles e contrarias ao interese público.

4.- No canto de prantexar un novo modelo de financiamento local que garante a suficiencia de recursos económicos para os Concellos, o proxecto tamén introduce una potestade desorbitante de control estatal da xestión económico-financieira dos Concellos, mesmo asumindo a competencia o Estado para intervir un Concello se non cumpre coa estúpida doctrina da estabilidade orzamentaria.

Advertisements

Un comentario en “Anova califica de regresión centralizadora e privatizadora o Proxecto de Lei de Modificación do Réxime Local

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s