Anova apoia a ILP de Stop Desafiuzamentos e as mobilizacións do 16 de febreiro #16F

Anova–Irmandade Nacionalista fai un chamamento á cidadanía galega para que participe activamente na mobilización social do 16 de febreiro, que se desenvolverá en numerosas cidades e vilas de Galicia (En Ourense a manifestación sairá ás 18:00 dende a Alameda). Animamos á cidadanía a participar activamente nesta mobilización social e manifestamos o noso apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que presentou a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (Stop Desafiuzamentos) no Congreso dos Deputados apoiada con máis do dobre das sinaturas necesarias, máis dun millón, para dar unha contestación contundente a este atropelo.

tamta casa sem gente

A cidadanía está dando unha resposta axeitada e vigorosa fronte ao deixamento, desidia e ineficacia política do goberno galego, que nin ve nin quere solucionar o drama dos desafiuzamentos porque está preocupado en agasallar aos bancos con diñeiro público e en recortar liberdades, servizos e dereitos civís. Os deputados do Partido Popular están xordos, e hai tempo que só representan os intereses do poder bancario e financeiro. Entrementres colocan aos seus familiares e amigos nas institucións e empresas públicas con salarios millonarios e vantaxes aristocráticas, deixando na rúa a centos de familias humildes.

A ILP presentada pola Plataforma de Afectados pola Hipoteca, que pide a dación en pago retroactiva, o aluguer social e unha paralización inmediata dos desafiuzamentos, é unha solución clara e inevitábel ao drama da vivenda.

Non permitiremos que miles de familias sigan soportando esta lei hipotecaria inxusta, inmoral e noxenta. Non quedaremos de brazos cruzados mentres os gobernos de Raxoi e Feixoo amparan e permiten o sufrimento de milleiros de persoas.

ANOVA fai un chamamento a todos os galegos e galegas para que se mobilicen e participen en todas as manifestacións convocadas pola Plataforma de Afectados pola Hipoteca.

Todos e todas xuntas, podemos. Enchamos as rúas e prazas de Galicia para dicirlles que non calaremos.

Polo dereito a unha vivenda digna, paralicemos xa todos os desafiuzamentos!

Advertisements

Un comentario en “Anova apoia a ILP de Stop Desafiuzamentos e as mobilizacións do 16 de febreiro #16F

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s