O proxecto de regulamento do Consello da Xuventude de Galicia é propio dun sistema de ‘ordeno e mando’

O Grupo de Traballo de Mocidade de Anova presenta unha serie de emendas ao Anteproxecto de Decreto polo que se aproba o regulamento do Consello Asesor e Consultivo da Xuventude de Galiza

mocidade

O proxecto plantexa un órgano cunha estrutura practicamente vertical, máis propia dun sistema de “ordeno e mando” que dun deliberativo e de consenso.

É insultante que as organizacións estudantís apenas teñan representación e que se organice unha estrutura vertical.

O grupo de traballo de mocidade de Anova – Irmandade Nacionalista considera que máis alá da rotunda claridade das cifras, a política económica da actual Xunta de Galiza, tan sacrosantamente dirixida á redución do déficit sen ter en conta a merma dos dereitos da cidadanía derivada do deterioro do Estado do Benestar, tamén se plasma de xeito rotundo en textos e normativas que regulan os órganos onde a cidadanía pode plantexar propostas ou defender eses dereitos conculcados.

No momento en que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado nos remitiu este proxecto de regulamento do Consello asesor e consultivo da xuventude de Galiza para que aportásemos ideas, vimos enseguida a falta de vergoña na cara deste goberno.
O devandito proxecto de regulamento, a raíz da Lei de xuventude de Galiza, plantexa un órgano cunha estrutura practicamente vertical, máis propia dun sistema de ordeno e mando que dun deliberativo e de consenso. Ó mesmo tempo que aspira a que o Consello asesor e consultivo da xuventude de Galiza asesore e aconselle, limita a participación real na toma de decisións e na elaboración de propostas á grande parte do tecido asociativo xuvenil do noso país.
O Presidente Feijóo, en troques de ser un galego ilustrado coma o antigo Padre Feijóo, vólvese unha vez máis, e xa non son poucas, un galego delustrado coa proposta que fai neste campo. En troques de ir coa vontade xeneralizada mostrada non so na rúa, senón tamén nos resultados electorais co descrédito da vella política (os aumentos de votos brancos, nulos e de abstencionistas declarados son testemuña deste clamor social) polo pobo galego, reforma o sistema cara un modelo máis fechado á sociedade, onde a participación se volve cada vez máis difícil.
Recomendámoslle dende o grupo de traballo de mocidade de Anova – Irmandade Nacionalista tanto a el, coma a todo o seu equipo unha urxente visita ó otorrinolaringólogo, ó oftalmólogo e quizais ó psicólogo. Urxe que o fagan xa que tanto as cifras económicas como estas outras actuacións de carácter non eminentemente económico amosan ás claras unha dramática falta de percepción da realidade social do noso país.
Son tempos de paro xuvenil extremo, de falta de axudas dignas para a natalidade, de falta de financiamento suficiente para as universidades, de recortes en servizos públicos que a xuventude precisa e utiliza, de cifras de consumo de drogas que continúan a ser preocupantes, e poderíamos continuar cun longuísimo etcétera de variables que fan necesario que, cando menos, en materia de mocidade non se converta o seu órgano asesor e consultivo nun terreo de confrontación e cooptación do seu funcionamento por parte duns poucos.
Dende a nosa firme convicción dun funcionamento das institucións autonómicas en favor do propio país como nación que é de seu, e en favor da cidadanía galega, que é quen a sufraga coas súas achegas económicas, cremos que a Xunta debería repensar se a Lei galega de xuventude e, cando menos este regulamento ó que vimos de facer referencia, están en consonancia coa necesidade de aproximar á política e as súas institucións á cidadanía.
É insultante que neste órgano as asociacións estudantís apenas teñan representación e que se organice unha estrutura vertical onde as demandas de horizontalidade e igualdade feitas pola sociedade galega na actualidade, e non so, priven ós órganos autonómicos de voces disonantes co status quo actual.
En política a ideoloxía plásmase na práctica e retrata a todos e cada un. Non é austeridade, é ideoloxía!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s