Anova apoia as mobilizacións do persoal sanitario galego en febreiro

ANOVA–Irmandade Nacionalista fai un chamamento ao persoal do sistema sanitario e ao conxunto da cidadanía galega a participar activamente nas asembleas, concentracións e peches que se desenvolverán durante todo o mes de febreiro

sanidade2

Queremos amosar a nosa solidariedade coas mobilizacións que promoven as persoas traballadoras en protesta polo progresivo desmantelamento da sanidade pública e contra os brutais recortes de dereitos laborais e salariais. Queremos denunciar tamén a precarización das súas condicións de traballo. Desde Anova opinamos que a degradación das condicións laborais dos profesionais e traballadores sanitarios repercuten directamente na atención dos pacientes e na calidade da atención que reciben. Estas medidas contra traballadores traballadoras súmanse aos recortes de dereitos sanitarios e ao copago.

Por todo o exposto consideramos que a loita de profesionais e traballadores do sistema público de saúde é a mesma que as da cidadania e persoas usuarias da sanidade, polo que só a alianza de ambos os dous colectivos pode frear o deterioro, desmantelamento e privatización dos servizos sanitarios no noso país.

ANOVA –Irmandade Nacionalista participará activamente, xunto ás organizacións sindicais e sociais que conforman a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, nas mobilizacións e peches que se desenvolverán ao longo do mes de febreiro. Tamén temos decidido apoiar todas as aquelas medidas que se decidan nas asembleas, a proposta do persoal sanitario.

ANOVA secunda, tamén, todos os peches de traballadoras e traballadores que rematarán coincidindo cunha concentración diante do parlamento galego.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s