Concurso para o cartaz e campaña do 8 de marzo

8 marzo
Desde o grupo de Acción Feminista de Anova, acordouse convocar un concurso interno, para militantes e simpatizantes de Anova, co fin de que deseñen o cartaz e o lema da campaña deste 8 de marzo.
A idea é facer máis participativo este día e recoller as ideas da militancia que de seguro van sorprender positivamente.
Quen queira participar, só ten que deseñar un cartaz e o lema baixo a seguinte temática:Feminización da pobreza. Como afectan a crise e os recortes á muller”.
O prazo para enviar os traballos remata o vindeiro luns día 18 de febreiro e o gañador será mencionado no cartaz e en cada foro ou espazo no que se empregue.
As interesadas e interesados poden enviar o seu cartaz ao seguinte enderezo: anovaourense@gmail.com e o grupo de traballo de Acción Feminista fará a proposta de que cartaz é o gañador.
Animádevos a participar e dádelle aos miolos!
Advertisements

Un comentario en “Concurso para o cartaz e campaña do 8 de marzo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s