Carta de Beiras a Pilar Rojo sobre o acceso da cidadanía ao Parlamento

beiras

Alternativa Galega de Esquerda cualifica o borrador da presidencia do Parlamento sobre as normas de acceso de “regulamento propio dun centro penitenciario”
O portavoz Xosé Manuel Beiras remite un escrito a Pilar Rojo en que asegura que o seu grupo chegou á Cámara “para traballar a prol non só dos electores de AGE, senón da maioría social deste pobo, a cada pouco máis maltratada”

* Acceder á carta aquí.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2013.- “As normas enumeradas no seu Borrador non teñen os contidos congruentes co enunciado de criterios de ordenación, senón que máis ben constitúen un repertorio de artigos dun regulamento de control, disciplina e sanción de persoas que pretendan acceder a algún recinto de alta seguridade como, por caso, as visitas aos confinados nun centro penitenciario”. Esta é base do criterio de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), expresada nunha carta que o seu portavoz, Xosé Manuel Beiras, vén de lle remitir á presidenta do Parlamento, sobre o Borrador de criterio de ordenación do acceso de público ás tribunas confeccionado por Pilar Rojo.
Para Beiras, atender aos documentos da presidencia da Cámara equivalería a aceptar “a priori pór baixo sospeita a cidadáns en pleno exercicio responsábel dos seus dereitos, liberdades e obrigas constitucionais e a asumir como grupo parlamentario funcións de carácter parapolicial”. “E isto”, engade o portavoz de AGE, “é contraditorio coas obrigas e cometidos inherentes á nosa condición de representantes electos dos cidadáns, a cuxa defensa nos comprometemos”. Ademais, lembra Beiras na misiva, Alternativa está na Cámara do Hórreo para “traballar a prol non só dos nosos electores, senón do común cidadán que constitúe a maioría social deste pobo, a cada pouco máis maltratada polos causantes da grave crise económica, social e de valores democráticos”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s