Anova ante o desmantelamento dos servizos sociais comunitarios

mans servizos sociais(1)

Anova – Irmandade Nacionalista, ante o desmantelamento dos servizos sociais comunitarios, quere denunciar o ataque sistemático que os diversos gobernos do PP (Estado e Xunta de Galicia) están dirixindo contra aqueles sectores da poboación que padecen as consecuencias máis dramáticas da crise-estafa á que eles nos empurraron.

Nos últimos tempos asistimos a unha nova estratexia da dereita máis rancia que pretende desmantelar os servizos sociais, entendidos estes como mecanismo de corrección dos graves desequilibrios inherentes ás sociedades capitalistas. Preocúpannos especialmente dúas cuestións:

· O recorte drástico nos orzamentos, baixo a ameaza de suprimir esta partida dende os orzamentos estatais dirixidos ao financiamento dos servizos sociais comunitarios, a través do coñecido como Plan Concertado,

· A retirada das competencias en servizos sociais aos concellos, especialmente nos de menos de 20.000 habitantes, que acumulan unha experiencia de 30 anos na prestación destes servizos para entregarllas ás Deputacións, institucións que carecen das capacidades (medios humanos, técnicos e financeiros) e os coñecementos precisos, por non falar do seu afastamento da poboación.

Estes servizos, necesarios en toda época, resultan fundamentais nun momento en que 1 de cada catro galegos/as se atopan en risco de exclusión social, onde case o 20% viven por debaixo do limiar da pobreza e onde o 55% das familias galegas chegan con dificultades a finais de mes. Unha vez máis, en contra de toda lóxica, os gobernos populares en lugar de reforzalos, aplican recortes salvaxes nos seus orzamentos que se ceban especialmente cos programas específicos dirixidos ás persoas que peor o están a pasar no contexto actual: familias, menores, persoas con diversidade funcional, minorías étnicas, persoas en situación de dependencia …, usúrpanlle as competencias aos concellos para serlle entregadas ás deputacións, cargándose dun golpe 30 anos de experiencia no funcionamento dun dos sistemas máis delicados polo contido das súas intervencións para darlle contido a unhas institucións caducas e obsoletas como son as deputacións.

A política de benestar dos gobernos “populares” ten no horizonte un único obxectivo: o desmantelamento do incipiente sistema público de servizos sociais e a volta aos tempos da máis pura beneficencia, a caridade e o negocio da privatización, negando o noso dereito, o da cidadanía galega, a uns servizos sociais públicos e de calidade.

É por isto que dende ANOVA-Irmandade Nacionalista consideramos que a supresión desta partida nos orzamentos estatais que formula Ana Mato dende o seu Ministerio, e a modificación das competencias e da propia estrutura do Sistema Público de Servizos Sociais que están artellando os gobernos populares, significa cravar o último cravo no ataúde da Protección Social e ir en contra dos intereses da maioría social. É necesario o establecemento de orzamentos que aseguren Políticas de Benestar axeitadas e eficaces, baixo os principios de universalidade, equidade e equilibrio territorial, descentralidade e proximidade consignados na Lei Galega de Servizos Sociais. A deslexitimación da Acción Pública e en especial dos Servizos Sociais e dos seus profesionais, fai que investir no seu crecemento se vexa coma un mero gasto público, cando debería ser o instrumento que fixera real e efectivos a liberdade e a igualdade da poboación galega.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s