Apoiamos as mobilizacións pola Sanidade Pública de traballador@s do Sergas

Alternativa Galega de Esquerda apoia os peches que mañá comezan traballador@s dos hospitais da Coruña, Lugo e Verín en defensa da sanidade pública

 

mobilizacions sergas

Na última xuntanza da mesa sectorial de sanidade a conselleira Rocío Mosquera negouse a concretar a contía dos recortes salariais que aplicará en 2013 ás traballadoras e traballadores do sector. Os sindicatos representados no órgano estiman que estes chegarán ao 8% e protestan porque Mosquera se limitase a remitilos ao debate parlamentario. Neste escenario de belixerancia contra os servizos sanitarios de todas e todos os galegos, as centrais sindicais decidiron iniciar mobilización contra o que, xustificadamente, consideran un ataque da Xunta ao dereito á sanidade pública. AGE e as organizacións que a compoñen – entre elas, Anova – apoiamos as mobilizacións que van levar a cabo.
Os peches das traballadoras e traballadores sanitarios continúan o sete de febreiro nos hospitais de Ferrol, Monforte de Lemos, Pontevedra e Cee; o 14 de febreiro, nos de Compostela, Burela, O Barco e O Salnés; e o día 18 do mesmos mes nos de Vigo, O Barbanza e Ourense.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s