A Alternativa Galega de Esquerdas ante os feitos gravísimos que estan a acontecer no Concello de Ourense

Diante dos feitos gravísimos que están a ocorrer estes días en Ourense e na súa institución local de goberno, desde a Alternativa Galega de Esquerda queremos manifestar:

  • A detención e imputación de diferentes membros do goberno local, Alcalde e Concelleiro, xunto co xefe da Policía Local e suxeitos empresariais da cidade, son feitos dunha gravidade extrema que merecen unha resposta de condena radical por parte de todas as forzas políticas e sociais, así como da cidadanía.
  • A cidadanía está máis que farta de todos estes espectáculos bochornosos, que intermitentemente fan aparición na escena política e empresarial galega. É máis que necesario a adopción de medidas legais contra a corrupción no exercicio político e de representación cidadá. O pobo, a xente, en definitiva, a cidadanía esixe medidas máis contundentes na eficacia da loita contra a corrupción.
  • Neste sentido, debemos esixir  a separación escrupulosa do poder xudicial  e do político, para garantir que a acción da xustiza non sexa empregada como  arma política en datas dun proceso electoral. Esiximos a máxima transparencia e unha información veraz sobre esta operación que afecta xa a representantes políticos do PP, Psoe e Bng.
  • Dito isto, as persoas imputadas en delitos tan graves que ostenten cargos de representación política deben renunciar aos seus postos de inmediato.
Advertisements

Un comentario en “A Alternativa Galega de Esquerdas ante os feitos gravísimos que estan a acontecer no Concello de Ourense

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s